Foz, 11 de agosto de 2015. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo balance este martes das festas do San Lourenzo recoñecendo o labor da comisión Sempre Foz, encargada de organizar estes festexos e tamén os do Carme, celebradas en xuño. O rexedor aproveitou para pedirlle ao resto dos veciños máis implicación na preparación deste tipo de eventos.
“No nome de todos os veciños de Foz e da propia institución do Concello felicitamos á asociación Sempre Foz polo resultado das festas do San Lourenzo. En particular agradecemos a dúas persoas que foron as que formaron estas comisión de festas, tanto nestas como nas do Carme, Ánxel Paleo e Elena Ortiz, polo seu traballo, sacrificio e esforzo e sobre todo polo grandísimo resultado destas dúas festas. Nas do San Lourenzo o pobo estivo a fin de semana repleto de xente, ben organizado, todos os actos que houbo arredor das festas foron un verdadeiro éxito e a culminación cos fogos artificiais, cun remate totalmente multitudinario e espectacular, foi a guinda deste pastel. Polo tanto, felicitamos a estas dúas persoas polo excelente traballo da comisión de festas”, declarou Castiñeira.
Pola contra, o rexedor non se sentiu tan satisfeito pola axuda que tiveron os organizadores por parte do resto dos veciños, aos que chamou para unha maior colaboración en vindeiros eventos. “Apercibimos aos resto de veciños de que unha comisión de festas ten que ter moito máis apoio popular da xente, da hostalaría e, sobre todo, á hora de traballar. Temos que involucrarnos moito máis os veciños porque unha comisión de festas debe estar moi máis apoiada e ser un traballo de moita máis xente”, dixo.
Castiñeira amosou o exemplo das parroquias e a súa unión na preparación das festas. “Polo tanto felicitar a estas dúas persoas polo seu sacrificio porque mentres os demais estivemos gozando das festas eles estiveron traballando arreo para que todo saíra ben. E unha pequena chamada de atención aos veciños do núcleo urbano de Foz; teñen e temos moito que aprender dos veciños das parroquias, que traballan moito máis unidos. Sen estas festas e sen todos os eventos que se fan no concello de Foz o verán non sería o mesmo, non habería a mesma actividade que está tendo este pobo e dende logo a economía notaríao moito. Espero que para o ano que vén a comisión teña moita máis axuda e conte con moitos máis voluntarios que queiran participar. Será moito mais fácil para todos”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



