O subcampión mundial de duathlon, Óscar Buján, comprometeuse a correr coa camiseta do Atletismo Lourenzá durante a celebración da carreira RunFozRun onde Álex Villalba logrou entrou en meta con pouco tempo de diferenza respecto aos destacados deportistas de alto nivel coma o propio Óscar Buján, Miguel González Margaride, Noel García ou Delio Val, entre outros.
Pese á súa mocidade e filosofía, o club optou por dar un salto de calidade compartindo equipo cun corredor da súa talla que defende as cores da selección española e, profesionalmente, compite na liga francesa desta especialidade.
O Atletismo Lourenzá agarda que este sexa o primeiro paso para unha gran relación e para a realización dun equipo cada vez máis competitivo que se converta en referencia de Galicia e o Occidente Asturiano.
Óscar Buján correrá co club laurentino nas populares populares que lle permitan os seus compromisos internacionais dando a visibilidade que buscaban algúns dos patrocinadores do Atletismo Lourenzá.
Tamén se incorporan ó club Maite e Pablo, pais do equipo de membros das categorías inferiores de onde naceu o club. De feito, Maite Diniz logrou un segundo posto en Veteranas B na Volta a Piantón no que foi o seu debut co equipo. Pero para Lourenzá tamén volveron os trofeos de Marisa e Loli, segunda e terceira clasificadas en Veteranas A.
Ademais, Marcos rozou o podio dos veteranos tras quedar cuarto da súa categoría e sétimo da xeral.
Trail na Fonsagrada
O ex-capitán do Atleti, Pablo Javier Sordo Rocha -máis coñecido como Pachicho-, debutou co Atletismo Lourenzá nun Trail na Fonsagrada.
Pachi, que foi un dos xogadores máis emblemáticos e con máis calidade nas últimas temporadas coas E.D. Lourenzá (aínda que as lesións lle xogaron unha mala pasada), segue sendo un polifacético deportista e, ademais de incorporarse como directivo das Escolas, empeza a dar os seus primeiros pasos no mundo do running.
O pasado domingo conseguiu impresionarnos co seu gran debut: realizou a súa primeira carreira de montaña que rematou, con tan só dous días de adestramento, nun tempo de 2 horas 10 minutos. Así se colocaba no posto 13 da xeral na distancia de 19km.
Resultados
19 km: PACHI- Posto 12 masculino (2h 10′ 34”)
JUAN- Posto 22 (2h 26′ 04”)
MARISA- Posto 6 feminino (2h 46′ 08”)
LOLI- Posto 11 (3h 02′ 49”)
31 Km: MARCOS- Posto 4º da xeral (3h 33′ 14”)





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
