Chega a cita coa Historia que cada ano, e van 5, propón Nordés para o mes de agosto: as Xornadas “Memoria dun tempo”. Será os días 20, 21 e 22 na Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, aínda que tamén se realizarán actividades fóra do local citado.
Como en edicións anteriores, os contidos das Xornadas son diversos no seu contido e forma. Así, en canto a isto último, teremos conferencias, proxección dun documental, un recital, un roteiro didáctico, xantar de amizade e a 3ª homenaxe a Republicanos e Libertarios. E en canto ás temáticas, as xornadas desenvólvense en varias:
20 de agosto: “70 anos do fin da 2ª Guerra Mundial”
A lembranza do final da II Guerra Mundial achegándonos ás historias persoais de homes e mulleres do Ortegal que, dunha forma ou outra, víronse involucrados na mesma, dun xeito tráxico en moitas ocasións. O relator será o historiador ferrolán Eliseo Fernández, quén nos falará de persoeiros coma “Cariño” López, integrante da 9ª compañía (“la nueve”), famosa por participar de xeito principal na liberación de París.
Pero tamén nos falará doutros máis descoñecidos que viron pasar os seus días, nalgúns casos ata o fin deles, en lugares tan distintos e tan próximos ó tempo coma os campos nazis ou o gulag soviético.
21 de agosto: “III Homenaxe a Republicanos e Libertarios”
A homenaxe este ano divídese en dous actos.
O primeiro ás 20.00 horas na Ponte Vella de O Barqueiro, e consistirá na lectura de textos e poemas, así coma a intervención “a micro aberto” de quen queira. Contarase coa participación da asociación Coletivo Pensamento e Sementeira de Viveiro en representación dos veciños da Mariña que foron fusilados nese paraxe da nosa xeografía, moi cerca do monolito en recordo dos represaliados e represaliadas polo franquismo no Concello de Mañón, e tamén con Andrés Rodríguez e Mini e Mero, quenes poñeran as súas voces e guitarras para acompañar os relatorios.
Os mesmos músicos e activistas pola memoria histórica de Galiza serán quenes de darlle forma á segunda parte da homenaxe, xa ás 21.15 horas no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, cun recital co que Nordés segue a súa traxectoria de anos atrás de incluir actuacións musicais nas xornadas de “Memoria dun tempo” porque de sempre a música tivo e tén unha importante presenza na lembranza de moitos dos feitos acaecidos nos tempos históricos que se tratan.
22 de agosto: “O Crime de Ambosores”
Os tempos da dura guerra civil e posguerra ocuparán o sábado cunha camiñata por Ambosores para coñecer dos feitos lutuosos que nos primeiros anos 50 tiveron lugar nese casal, encrucillada dos concellos de As Pontes, Mañón, Muras e Ourol. A actividade será guiada polo Nordesteiro de pro Bernardo Penabade.
Para despois da camiñata está previsto un xantar en Casa Urbano (As Grañas), ó prezo de 15 €, sendo preciso chamar para reservar ó teléfonos 628566900 (Leti) e 653756454 (Ricardo), ou nos días previos nas xornadas.
22 de agosto: “Mulleres na loita. A loita das mulleres”
O peche das xornadas virá da man da Catedrática de Lingua e Literatura Galega na USC, historiadora e investigadora especializada no área da muller, Aurora Marco, que nos falará do papel da muller na guerrilla, tanto como apoio dos guerrilleiros como de xeito activo na propia loita. Completarase a súa conferencia coa proxección do documental “As silenciadas”, de Pablo Ces (Premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental; Premio “Memoria i Justicia Universal” no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet (2011); Premio “Popular runner up” no Festival internacional online Humanity Explored 2013).






















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



