Barreiros, 11 de agosto de 2015. O alcalde, Alfonso Fuente, recibiu unha doazón de alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos municipal. Foi realizada polo Campamento Implícate, do albergue de A Devesa.
Segundo explicou o rexedor “recibimos unha doazón para o banco de alimentos municipal. A entrega foi feita polos monitores Enrique e Nerea e polos rapaces Alberto, Inés e Laura, que representaban ao grupo Campamento Implícate, do albergue de A Devesa, que pasan aquí uns días no marco dos campamentos de verán da Xunta de Galicia”.
Fuente Parga engadiu que “o Campamento Implícate, segundo nos relataron os seus monitores e rapaces e rapazas asistentes, é un campamento solidario no que fan actividades de acción social, entre as que contan a limpeza de praias, a información turística e doutros eventos aos visitantes, un blog de actividades sociais da zona, o feirón – troco solidario, etc”. O rexedor seguiu a relatar que “como froito dese feirón – troco está a doazón feita no Concello de Barreiros. Consistiu en cambiar – trocar manualidades e artesanías feitas polos rapaces e rapazas do campamento por alimentos non perecedoiros coa fin de que se doaran e chegaran ás persoas sen recursos”.
O alcalde de Barreiros agradeceu o xesto: “todo o que poidamos recoller para o banco de alimentos ben recibido será”.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



