Os resultados para este último mes veñen condicionados pola publicación da estimación trimestral do CIS, que segue inchando ao bipartidismo en 3 puntos, pola aparición en escena dunha nova casa de sondaxes, TNS Demoscopia, que publica semanalmente unha proxección para a cadea televisiva Antena 3, e por unha estimación anómala na casa Simple Lógica, que se consolida non como a máis nesgada pero si como a máis inconsistente das que publican estimacións regularmente.
A pesar das novidades o sistema de cálculo neutraliza os desvíos de forma satisfactoria e non se rexistran cambios bruscos en comparación coas porcentaxes ofrecidas desde o mes pasado. Si cabe advertir que cada vez resultan menos fiables estas enquisas para as xerais, por mor da máis que previsible presentación de candidaturas de unidade popular ou de base cidadán, así como da creación e ruputra de coalicións electorais en varias Comunidades. Con certeza até o momento en que se coñezan a ciencia certa cales son as papeletas que terá diante o elector, e até o intre en que estes tomen conciencia de cales son as candidaturas, o voto estimado polas enquisas debe considerarse unha aproximación provisoria á realidade, e, coma sempre, máis unha fotografía fixa do momento demoscópico que un prognóstico ou predición electoral.
Segundo os nosos cálculos, o bipartidismo confirma a súa lenta pero sostida recuperación desde as municipais, instalándose comodamente por riba do 50% dos votos. O maior cambio neste último mes súfreo Podemos ao perder algo máis dun punto en estimación de voto. O centralismo democrático evidenciado na confección das listas para as xerais parece estar afectando ao sector máis ideoloxizado e informado do seu electorado. O principal beneficiado do retroceso de Podemos é Esquerda Unida, que sobe nove décimas anque segue por baixo do limiar do 5% en case todas as circunscricións, o que en virtude da lei electoral limita enormemente a súa representación parlamentaria. Ciudadanos sobe lixeiramente ou cando menos detén a caída que viña experimentando desde o seu cumio demoscópico, previo ás eleccións municipais.
Practicamente todas as formacións nacionalistas melloran lixeiramente o seu nivel de voto, anque en escanos o avance sexa limitado. O máis destacado é o crecemento da porcentaxe do PNV e a recuperación por parte do BNG do segundo escano no Congreso, sempre a teor do que din as enquisas estatais cuxos resultados por Comunidades son moito menos representativos.
A caída de Podemos supera a suba do PSOE e a suma dos representantes de ambos afástase da posibilidade da maioría absoluta. Cabe lembrar que a coalición de goberno PSOE+Podemos é a opción preferida por unha maioría de cidadáns españois, a teor das últimas enquisas do CIS e de Encuestamos, que avaliaron todas as combinacións dous a dous entre as catro forzas principais.
Neste horizonte só a gran coalición PP+PSOE sumaría 176 escanos. Sería preciso o concurso de máis forzas noutras combinacións para sumaren a maioría absoluta no Congreso.
O MIRANTE
Panorama da situación electoral · Agosto de 2015 · Asociación de Medios en Galego
Carlos Neira Cortizas
calidonia@calidonia.eu

















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



