Lugo, 26 de agosto de 2015.- Os Deputados provinciais socialistas Pablo Rivera Capón, Sonsoles López Izquierdo, Álvaro Santos Ramos e Pilar García Porto denunciaron este mércores o novo caso de destrución de postos de traballo na provincia por parte de Elena Candia, que é a Presidenta que máis emprego destruíu en menos tempo.
Os socialistas remarcaron que a obsesión de Candia por destruír todo aquelo que fixo o Goberno de Besteiro conlevou a que a Presidenta popular deixase sen candidatos para traballar unhas 60 empresas da provincia, que resultaron beneficiadas do Ben Empregado II. É dicir, ás que a Deputación de Lugo lle subvenciona a contratación de desempregados lucenses para traballar nas mesmas, impulsando os seus negocios e facendo fronte ao paro.
“O pasotismo, a desidia e a paralización na que Candia mantén á Deputación de Lugo supuxo que ningún desempregado lucense optase aos postos de emprego que ofrecen unhas 48 empresas da provincia, mentres que outras 12 entidades se atopan en semellantes condicións, posto que, ou ben tampouco se presentaron practicamente ningún candidato, ou ben os que o fixeron non entregaron a documentación correspondente para poder traballar nelas”, explicou Rivera Capón.
Empresas de toda a provincia e empregos en todos os sectores
Os socialistas fixeron as seguintes preguntas: 1.- Como é posible que dos case 21.000 parados que hai na provincia ningún queira traballar en 60 empresas de toda a provincia? pois son entidades sitúanse nas Comarcas da Mariña, Chantada, Os Ancares, Lugo, A Fonsagrada, Meira, Terra Chá, Quiroga, Ulloa, Lemos ou Sarria. 2.- Como é posible que os case 21.000 desempregados lucenses non opten a empregos en todos os sectores produtivos?, pois hai postos de traballo nos sectores da agricultura, gandeiría, silvicultura, pesca, hostalería, comercio, industria manufacturera e construcción. Algúns exemplos dos postos que quedaron vacantes son, entre outros, peluqueiros, camareiros, pintores, enxeñeiros agrónomos, peón agrícolas e gandeiros, asesores laborais e fiscais, albaneis, cociñeiros, tractoristas, mecánicos, etc
Situación incomprensible co equipo de profesionais públicos
“É incompresible esta situación, cando a Deputación de Lugo conta con un magnífico equipo de traballadores públicos para desenvolver o Ben Empregado, tal e como o demostraron na súa primeira edición. É un equipo de profesionais cualificado, renovado -recentemente se incorporaron novos traballadores- e moi preparado. Polo tanto, Candia demostra que non sabe xestionar os recursos da administración, así como o absoluto descoñecemento do funcionamento da Deputación”, salientou Rivera Capón.
Explicacións e recorrer ao INEM de xeito inmediato
“Ante esta situación, esiximos a Candia, primeiro, explicacións e, segundo, que de xeito inmediato recorra ao INEM para cubrir estes postos de traballo. Temos que alertar a Candia que, tal e como recollen as bases do Ben Empregado, no case de que os postos queden baleiros é posible recorrer ao INEM para non destruír estes emprego. Fagao xa”, reclamaron os socialistas.
Besteiro creaba emprego e Candia destrúeo
Candia é a Presidenta que máis desempregou creou en menos tempo. En só dous meses, que son os que leva na Presidencia, Candia xa destruíu 135 empregos nas profesións con máis futuro na provincia ao perder 90.000 euros de fondos europeos para 9 accións formativas remuneradas e con prácticas en empresas do Pacto Provincial polo Emprego, dirixidas a desempregados. “E miren en que situación mantén o Ben Empregado II, que crea emprego de calidade para 350 desempregados lucenses”, apuntaron. Os Deputados do PSOE remarcaron “fíxense a diferenza: Besteiro creaba emprego e Candia destrúeo na súa obsesión por poñer fin a proxectos do Goberno progresista: os plans de emprego, o centro de recría público, os centros da terceira idade….”.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



