Xove, 26 de agosto de 2015.- Este mércores clausurouse en Xove o proxecto de voluntariado “MAÑÁS ACTIVAS. XUVENTUDE ACTIVA”, que nesta terceira edición contou coa participación de 5 voluntarias, as cales colaboraron na realización de actividades durante o tempo de duración do programa, os meses de xullo e agosto.
Nesta edición participaron 20 xoves de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos que realizaron activades de todo tipo: informática, obradoiro de cociña, educación vial, actividades de natureza, manualidades, etc.
O acto de clausura, no que estiveron presentes as concelleiras de Servizos Sociais Ana Abad e de Xuventude Cristina Iglesias, comezou coa entrega dos Diplomas aos participantes no obradoiro de informática. Posteriormente, tódolos asistentes participantes do programa, acompañados por familiares, disfrutaron dun vídeo onde se recollían imáxes das actividades realizadas; este vídeo foi realizado polo profesor de informática Daniel López.
Para rematar a clausura, procedeuse á inauguración dunha exposición fotográfica onde se recollen imaxes de todo o programa, con todo tipo de actividades; para quens queiran ver esta pequena exposición, decir que está na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, aberta en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Ao final, tódolos presentes, participantes e familiares, disfrutaron duns pinchos que foron elaborados polos participantes do proxecto.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



