O presidente laranxa, Manuel Blanco, visitou as instalacións da Cervexaría-Viñoteca O Traste para facer entrega ao seu xerente, Rubén Pinín, dun cadro conmemorativo da última tempada, en agradecemento pola colaboración do establecemento ao CD Burela FS Pescados Rubén.
Dende 2012, o hostaleiro mariñán, que actualmente ostenta a presidencia de Acia Burela, compatililiza a xerencia do Traste cun clásico da noite burelá, o Disco Pub Pinín. Cunha estética moi moderna, un potente equipo de música e unha terraza cuberta, ademais de grandes pantallas, O Traste, situado na Travesía do Porto, número 3 de Burela, dispón dun amplo horario de apertura (desde as 9.00 horas hastas as 3.30 horas da mañá), abarcando dende os primeiros cafés da mañá ata a primeira copa da noite. A cervexaría-viñoteca de Rubén Pinín chega a todo tipo de clientes, ofrecendo tamén suculentas tapas e degustacións.