Burela, 2 de agosto de 2015.- O domingo 2 de agosto 30 sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela, invitados pola Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, desprazáronse ata a fermosa paraxe da Cazolga para compartir un día de sendeirismo e convivencia. Alí os esperaban uns 60 laurentinos, para iniciar un percorrido de 12 km. de tipo circular que comezou e rematou neste área recreativa do río Masma.
Os anfitrions, para repoñer forzas, prepararon unha suculenta comida a base de empanada, churrasco e chourizos, todo iso regado con viño mencía e de sobremesa torta da avoa caseira, cafe, licores, etc. Como remate unha queimada co esconxuro purificador, xogos populares e sesión de DJ.
Os sendeiristas bureleses agradecen o esforzo realizado polos de Terras de Lourenzá, tanto na preparación da ruta coma en todo o relacionado coa comida e o entretemento, facendo deste día algo que os de Burela tardarán en esquecer.