Viveiro, 24 de setembro de 2015.- A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro convoca o seu VIII concurso de carteis, baixo as seguintes bases:
PARTICIPANTES: Poderán participar todas as persoas interesadas.
TEMA: Será exclusivamente a Semana Santa de Viveiro.
FORMATO: O cartel poderá ser realizado usando pintura, debuxo, fotografía, fotocomposición… adaptándoo ao tamaño real do mesmo que é de 69X47 cm.
OBRAS E PRESENTACIÓN: Cada concursante poderá presentar soamente unha obra que deberá ser orixinal e inédita, responsabilizándose da súa autoría e do uso legal do material gráfico utilizado na súa composición.
Os concursantes presentarán os seus datos (nome, dirección teléfono, DNI…) nun sobre pechado co título da obra no exterior. Leste mesmo título poñerase na parte posterior da obra realizada.
A presentación das obras poderá facerse enviándoas ao apartado de correos da Xunta de Confrarías ou entregándoas na Oficina de Turismo do Concello, onde se lle dará un xustificante da súa presentación.
O prazo de presentación será ata o 15 de xaneiro de 2.016.
XURADO: O Xurado será designado pola Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro.
O fallo farase público a través dos medios de comunicación e directamente aos autores premiados.
O Xurado reservarase o dereito a declarar deserto o concurso.
PUBLICACIÓN: A obra gañadora publicarase mediante a confección do cartel anunciador da Semana Santa 2.016 e o resto dos premios publicaranse na revista “Pregón”, podendo utilizarse como portada da mesma así como do programa de actos ou outro folleto que edite a Xunta de Confrarías.
Todas as obras presentadas poderán ser expostas ao público.
PREMIOS
Primeiro premio 600 €
Segundo premio 400 €
Terceiro premio 200 €
OBSERVACIÓNS
Os premios deberán ser recolleitos personalmente polos autores dos mesmos.
As obras premiadas quedarán en propiedade da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, que se reserva o dereito de editalas e utilizalas, facendo sempre mención ao autor das mesmas.
Os orixinais das obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores unha vez finalizada a publicación das mesmas.
A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro poñerá todo o seu esmero no tratamento do material recibido, declinando, no entanto, toda responsabilidade en caso de extravío ou deterioro que puidese sufrir durante o seu envío.
Calquera caso imprevisto será resolto polo xurado. Cuxo fallo é inapelable.
O feito de concursar supón a aceptación destas bases por parte do concursante.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



