Santiago, 26 de setembro de 2015.- A Xunta está a formar os candidatos seleccionados como Grupos de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) para a elaboración das estratexias nas zonas costeiras de Galicia, de cara ao novo período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Esta semana celebrouse unha xornada na que participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e na que técnicos de distintos departamentos da Xunta impartiron aos candidatos seleccionados coñecementos de turismo, patrimonio cultural, innovación e posta en valor dos produtos pesqueiros.
O obxectivo é que estes contidos lles sexan de utilidade á hora de realizar as estratexias que deben presentar antes de desenvolver o seu proxecto. Unha vez aprobadas as estratexias e as correspondentes convocatorias pola Consellería do Medio Rural e do Mar, os GALP poderán seleccionar os seus proxectos e desenvolver accións de dinamización no territorio.
A formación desta xornada compleméntase coa información que a Consellería do Medio Rural e do Mar puxo a disposición na páxina web para orientar aos GALP na elaboración das estratexias locais. Nela, os interesados teñen á súa disposición unha guía que inclúe unha orientación metodolóxica e que se estrutura en sete partes.
Este documento aborda as principais normas do desenvolvemento pesqueiro e a creación dos GALP, a definición de misión, visión e valores para perfilar as estratexias, explicacións sobre a análise do entorno do GALP (axentes que van estar implicados na elaboración da estratexia), sobre o plan de acción, a avaliación e seguimento, a participación e conceptos sobre a comunicación da estratexia. O obxectivo é que os grupos realicen unha análise das necesidades e do potencial da zona e que establezan obxectivos e liñas de acción, para acadar os resultados que pretende conseguir a entidade coa súa actuación na zona. Este proceso debe realizarse contando coa participación da comunidade.
Colaboración
Para a elaboración da estratexia, a Consellería está tramitando un convenio de colaboración que ten a finalidade de apoiar con 169.000 euros ás asociacións candidatas seleccionadas aos GALP, que en total son 7. Trátase do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro “Golfo Ártabro Norte” e dos grupos de acción costeira “A Mariña Ortegal”, “Costa da Morte”, “Ría de Muros-Noia”, “Ría de Arousa”, “Ría de Pontevedra” e “Ría de Vigo-A Guarda”.
Como resultado do convenio de colaboración, cada asociación deberá elaborar unha estratexia de desenvolvemento local participativo da súa zona de actuación conforme á metodoloxía e estrutura establecida, ademais de entregar á Consellería do Medio Rural e do Mar a súa estratexia nun prazo por determinar.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



