Xove, 17 de setembro de 2015.- Ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas e Culturais da ACD.XOVE, para a vindeira temporada 2015-2016.
A data tope de inscrición será o sabado día 26 de Setembro e o sabado día 3 de Outubro será a Presentación no Salón de Actos do Concello de Xove. As actividades darán comezo o luns día 5 de Outubro.
A Asociación Cultural-Deportiva “Xove” ACD.XOVE, presenta as seguintes Escolas Deportivas e Culturais:
-Xogos Predeportivos (nenos-as de 3-4 anos)
-Patinaxe Artística ( de 5 ata 16 anos)
-Fútbol Sala (de 5 ata 16 anos)
-Fútbol 8 (de 7 a 12 anos)
-Baloncesto (de 5 a 16 anos)
-Xadrez ( de 6 ata 16 anos)
-Karate ( de 5 ata 16 anos)
-Atletismo de (8 a 16 anos)
-Tenis de Mesa (de 8 a 16 anos)
-Aerobic-Pilates-Zumba (+ de 14 anos e adultos)
-Teatro (de 8 a 16 anos)
-Pintura ( + 9 anos e adultos)
Cada Escola Deportiva forma equipos de competición e participa nas distintas competicions, tanto de Deporte Escolar como ligas Federadas.
As follas de inscrición entregaranse a todolos nenos, nos Centros Educativos do Concello de Xove. Aqueles Socios que non sexan de Xove poderán pasar a recollelas pola Piscina Municipal. Unha vez cubertas poderán entregalas na Piscina Municipal de Xove, no Buzón da ACD.XOVE no Pavillon Polideportivo Municipal ou a calquer membro da Xunta Directiva.
A ACD.XOVE esta formada por preto de 200 familias Socias, nas cales tódolos membros poden participar nas distintas Escolas Deportivas e Culturais que a sua idade lles permita.
Aparte das Escolas Deportivas e Culturais, a ACD.XOVE organiza outras actividades deportivas como poden ser Surf, Sendeirismo, Día da Bicicleta, etc.
A Cota de Socio Anual e de 120.-€, dividida en dous pagos de 60.-€ (pago semestral).
Mais informacion en: www.acdxove.es ou ACD.XOVE en Facebook.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
