Dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello do Valadouro infórmase de que se abre o prazo para as inscricións aos cursos socio-culturais que darán comezo no próximo mes de outubro.
As actividades ofertadas son manualidades, labores, ximnasia de mantemento e piscina.
As persoas interesadas en recibir máis información e apuntarse en ditas actividades deberán inscribirse nas Oficinas Municipais en horario de 10.00 a 14.00 horas.