Bruxelas, 24 Setembro 2015.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, rexistrou na mañá deste xoves unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea denunciando as declaracións realizadas esta semana polo Presidente da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) -organismo dependente do Ministerio de Facenda- nas que afirma considerar “pouco razoabel” prohibir ou criticar de forma xeneralizada a venda a perdas, plantexando incluso como positivo a insostenibilidade económica das explotacións gandeiras porque, dende o seu punto de vista, pode conlevar “vantaxes” para os consumidores/as.
Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) denunciamos diante da Comisión Europea esta prepotente visibilización da asimetría de forzas na cadea de produción e distribución do sector leiteiro. Un abuso de poder que para Lídia Senra “é evidente”, xa que a propia Comisión Europea e o Parlamento Europeo declaran traballar para “facer fronte ás prácticas comerciáis desleais na cadea de suministro alimentario entre empresas”.
Aliás, argumenta a eurodeputada galega na súa pregunta, tendo en conta que os orzamentos comunitarios para o ano 2016 contemplan fondos para apoiar novas organizacións de produtores/as para, segundo di a propia UE, abordar a disparidade do poder negociaciador entre a parte agricultora e as outras partes da cadea, “acaso non é unha vulneración permitir que o elo máis forte da cadea impoña a venda a perdas aos/ás productores/as de alimentos?”
Lidia Senra tamén interpelou directamente á Comisión para que aclare se promover a “venda a perdas”, como fixo esta semana o presidente da CNMC, constitúe unha práctica desleal fronte a aquelas empresas que actúan correctamente.
Por último, AGEe esixiu tamen saber que medidas vai tomar a Comisión con respecto a posicións que amparan o abuso de poder, como a mantida pola CNMC esta semana ao respeito da crise de prezos no sector leiteiro.
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



