Que unha luz de esperanza se converta en novidade nestes difíciles tempos nos que a sociedade parece que camiña para atrás como cangrexo, e a cultura, a ética e a moralidade pública brillan pola súa ausencia, é unha noticia digna dos mellores titulares.
E iso é o que se percibiu nas palabras pronunciadas pola Presidenta da Deputación Provincial, con motivo da súa visita ás obras da construción da nova residencia en Ribadeo en días pasados. Un asomo de esperanza de cambio nas actitudes ata agora mantidas polos políticos dos distintos partidos, albíscase no horizonte. Unha sutil sensación de que algo se está a mover nesta nova xeración de políticos saídos das urnas nas últimas eleccións locais.
En contra do que se espera das palabras dun político ó uso pronunciadas pola Presidenta, co gallo da súa visita a Ribadeo, e nas que o dardo da competición política acostumaba a dispararse en acusacións e reproches contra o opoñentes políticos, as palabras pronunciadas por Elena Candia nesa visita resoaron como un elemento balsámico de concordia e colaboración con todos os actores políticos alí presentes. Ofertas de colaboración, breves e claras, dirixidas á consecución do benestar cidadán e á solución dos problemas da xente, independentemente da cor política dos responsables implicados e por riba dos intereses partidistas. “O cambio de goberno na Deputación non implicará a rotura coas actuacións que repercuten no benestar dás persoas que mais o necesitan”, foron as súas palabras. Só nos resta esperar agora que “do dito ó feito non haxa un gran treito”, como con frecuencia está a pasar cos seus afíns políticos do goberno da Xunta. O tempo diránolo.
O alcalde de Ribadeo, pola súa banda, fixo gala do seu bo talante e educación política nas súas palabras de benvida á Presidenta. Sen agochar, por iso, as esixencias da axuda prometida pola Conselleira de Benestar a construción da nova residencia, e que tanto se fai demorar.
Pero non menos sorprendente e satisfactoria foi, tamén, a actitude e comentarios dos compoñentes dos restantes partidos políticos, presentes nese acto. Aínda que as súas palabras non resoaron ante os micrófonos, as súas actitudes e comentarios privados na reunión informal e distendida mantida despois entre todos, foi moi positiva. Louvanzas alentadoras dunha nova actitude sobre a primacía do servizo ós cidadán por riba do servilismo fronte ó partido. Recoñecemento do exemplar camiño seguido a partir da iniciativa popular pra acadar a construción da nova residencia, así como a participación e colaboración de tódolos políticos locais de entón na consecución deste obxectivo.
Un bo e prometedor augurio desta nova xeración de xoves actores da política local que, de seguir nesta actitude e por este camiño, nos pode deparar agradábeis sorpresas ás que non estabamos afeitos. Ata agora, o que adoitaba primar na actividade da política local era, salvo raras excepcións, unha encarnizada loita entre políticos elexidos polo pobo para o seu servizo, pro que se adicaban a servir os intereses dos seus partidos. Nas súas estratexias por conseguir o poder o pobo non era outra cousa máis que un instrumento a utilizar para os fins do seu partido e o seu propio beneficio persoal. Estamos ante unha nova sensibilidade política? Ou trátase,acaso,dunha utopía máis que nos levará a un amargo espertar?
Polo que toca á marcha das obras de construción da nova residencia, dicir, finalmente, pra satisfacción de todos, que marchan ó ritmo esperado e acordado.

















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



