Burela, 21 de setembro de 2015.- A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello burelés iniciará dous novos cursos no que queda do mes de setembro.
Este venres, 25 de setembro, iniciarase o curso sobre Retoque fotográfico. Os participantes iniciaranse no mundo do retoque fotográfico empregando a aplicación libre Gimp. Dito curso impartirase de luns a venres en horario de 10:00 a 12:00 horas. Contará cunha duración de 14 horas e rematará o 5 de outubro.
O día 30 de setembro comezará a impartirse o curso Coñece a fondo Youtube, que contará cunha duración de 7,5 horas. Os asistentes a esta actividade coñecerán como crear unha canle en Youtube para así poder subir os seus propios vídeos á rede e tamén a aprenderán a crear listas de reprodución. O curso impartirase de luns a xoves en horario de 16:00 a 17:30 e finalizará o 7 de outubro.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades os interesados poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela, sita na Casa da Xuventude, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es