A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) organiza un encontro provincial na Mariña Lucense financiado pola Deputación de Lugo no que vai reunir a 50 mulleres con discapacidade para falar sobre temáticas actuais como o liderado, a situación sociosanitaria actual ou a visión dos medios de comunicación sobre a muller con discapacidade. Baixo a denominación “Saúde e alimentación” desenvolverase este sábado 26 de setembro a partir das 10.00 horas no centro de recursos de persoas con discapacidade A Mariña-Palmeiro (Urbanización Palmeiro-Veiga, Rigueira-San Miguel).
Encontro provincial na Mariña de ACADAR
Encontro provincial na Mariña de ACADAR
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional