Xove, 16 de setembro de 2015.- Este pasado fin de semana celebrouse, no Campo Municipal de Bólos de Sumoas, o VI Campionato de España Feminino 2015. Este campionato comezou ás 12:00 horas do sábado 12 de setembro, rematando o domingo 13 pola tarde.
O Campionato disputárono 28 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, comunidades onde se practica este xogo tradicional. O sábado 12 desenvolveuse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas.
Categoría feminina individual
Paula López, do Club de Bólos Boiro, proclamouse campiona de España de Bólo Celta. Este resultado non sorprendeu a ninguén dos que seguen esta competición, acaso existía a dúbida de si Blanca Lago (do Club de Bólos Estivada de Nigrán), varias veces Campiona de España, lle podería facer fronte. Pois non, Paula López impúxose sen dificultade facéndose co seu primeiro entorchado nacional. A verdade é que unha delicia vela xogar; a súa potencia e precisión nas tiradas é extraodinaria. Polo tanto, victoria merecidísima da xogadora boirense.
Pola parte do Club de Bólos Xove, Mª Carmen López aspiraba, como mínimo, a revalidar o subcampionato acadado o pasado ano, pero non puido ser, xa que non conseguiu clasificarse entre as 8 finalistas. Pero a sorpresa deuna unha xove xogadora xovense: Julia López, de só 12 anos, xogadora habitual da Liga Infantil de Xove, realizou un extraordinario campionato alzándose co 3º posto final, sendo superada nas semifinais pola varias veces campiona de España Blanca Lago. Destacado foi tamén o papel doutra xogadora xovense nesta categoría: a vixente campiona da Liga de Xove, Belén Meitín, foi cuarta, sendo superada por Paula López nas semifinais e por Julia López na loita polo 3º e 4º posto.
Categoría feminina-parellas
Esta categoría xogouse cos resultados obtidos na Categoría Individual, e así a 1ª fixo parella co 16ª, a 2º coa 15ª, etc. Nesta categoría todo o público estaba deseoso de ver se Paula López (do Club de Bólos Boiro – A Coruña) era capaz tamén de gañar nesta categoría, xa que lle tocou de parella outra xogadora potentísima, Laura Redondo, tamén do Club de Bólos Boiro; Laura tivera unha mala tarde na clasificación individual, onde posiblemente os nervios do seu primeiro campionato de alto nivel a relegaron ao posto 16. Pois ben, a punto estiveron de conseguilo, pero ao final tivéronse que contentar co subcampionato.
Carmen Roca do Club de Bólos Xove, formando parella coa asturiana Paula Alonso do Club de Bolos Villatresmil de Asturias, conseguiron derrotar na final ás boirenses Paula López e Laura Redondo por un claro 4 a 2. Deste xeito Carmen Roca resarcíase dos malos resultados obtidos na categoría individual e obtiña o seu primeiro entorchado nacional, superando así o subcampionato obtido o pasado ano na categoría individual.
Para o terceiro posto enfrentábanse Belén Meitín do Club de Bólos Xove formando parella con Laura González do Club de Bólos de Camos – Nigrán contra Verónica Fernández do Club de Bolos Compastur de Asturias e Montse Valverde do Club de Bólos a Rega de Nigrán. Pois ben, a xovense Belén Meitín, xunto coa súa compañeira Laura González, lograron imporse e acadar o terceiro posto na final.
Ún dos aspectos máis salientables do campionato foi o excelente ambiente de compañeirismo entre tódalas xogadoras, animándose unhas a outras sen distinguir se a que tiraba era unha compañeira de club ou non.
A organización do Campeonato correu a cargo do Club de Bólos Xove e a Federación Galega de Bólos; o patrocinio foi por conta do Concello de Xove a través da súa Concellería de Deportes; en canto aos colaboradores: Consejo Superior de Deportes, Federación Española de Bolos e Deporte Galego da Xunta de Galicia.
Na entrega de premios, ademáis dos representantes da Federación Galega de Bólos, participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a Concelleira de Deportes, Cristina Iglesias.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
