Madrid, 24 de setembro de 2015.- Trala primeira xornada informativa celebrada o pasado 23 de xullo, no marco da Consulta Preliminar do Mercado para enmarcar o procedemento, este xoves tivo lugar a segunda para continuar avanzando na procura dunha solución innovadora contra a néboa densa que se produce na A-8 no tramo entre Mondoñedo e A Xesta.
Nesta ocasión, o Ministerio reuniuse con preto de medio cento de persoas, pertencentes a un total de 20 empresas do ámbito das infraestruturas e do I+D, e representantes de 5 organizacións e universidades relacionadas co sector.
Durante o desenvolvemento da xornada actualizouse o estado do procedemento e a documentación técnica dispoñible, e informouse do contido das oito propostas recibidas que, xunto coas novas que se rexistren ata o próximo día 28, publicaranse próximamente a modo de Mapa de Demanda Temperá.
Así mesmo, informouse da intención do Ministerio de Fomento de anticipar o peche da Consulta, reducindo a seis meses o desenvolvemento da mesma se se cumpren os requisitos de participación e idoneidade previstos na convocatoria.
Por iso, resaltouse a necesidade de que os participantes presenten as súas propostas cun grao de definición que posibilite a súa análise desde o punto de vista da eficacia, implantación en campo, cumprimento de normativa, seguridade vial, funcionalidade e explotación da vía, custos de investimento e mantemento e repercusións medioambientais.
Cos resultados finais obtidos na Consulta, definiranse as prescripcións técnicas e administrativas de referencia para o lanzamento da contratación da experimentación dos prototipos en campo, no marco da eventual Compra Pública Innovadora, que se desenvolvería durante o 2016.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



