Foz, 25 de setembro de 2015.- Este pasado xoves ven de celebrarse o Pleno ordinario do Concello de Foz do mes de setembro.
Os tres membros do grupo municipal de FPF que forman parte da corporación municipal mostran a súa satisfacción porque as tres mocións que presentaban para o seu debate e aprobación foron aprobadas.
A primeira moción a debate presentada por FPF e aprobada por unanimidade, era para solicitar á Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas) o acondicionamento duns terreos públicos na parroquia de San Acisclo. Nesta moción instase á Xunta de Galicia para que acondicione un terreo da súa propiedade para os veciños da parroquia de San Acisclo cun parque infantil,uns bancos e uns aparatos de exercicios para as persoas maiores desta parroquia, hai que dicir tamén que nestes momentos esa finca atópase en estado de abandono e existindo unha zanxa perigosa. No caso de que a contestación da Xunta de Galicia sexa negativa instarase dende o Concello para que eses terreos pasen a propiedade Municipal ,e será o Concello quen corra coa obra, iso si, pedimos tamén que antes de executala se consulte cos veciños a mellor forma de investir ese diñeiro.
A segunda moción a debate presentada por FPF e aprobada por unanimidade, era para solicitar tamén á Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas) a limpeza da beirarrúa da estrada LU-152 entre o PKM 7´400 e 7´600 no barrio do Chao en Santa Cilla, xa que a maleza existente nestes 200 metros impiden a visibilidade no cruce da saída deste barrio.
E a terceira moción a debate presentada por FPF e aprobada cos votos favorables de PSOE,BNG e FPF e a abstención do PP, era para completar unha moción xa presentada polo BNG a principios do ano pasado para declarar Foz libre de circos con animais e carruseis de ponis, para que non volva a pasar como pasou este verán nas festas do San Lourenzo.Ademais esiximos que cumpra a ordenanza actual por parte do concello.
Así mesmo tamén temos que manifestar a nosa ledicia de que saíra adiante, aínda que non foi a pleno, (unha moción presentada por FPF e tratouse na comisión preparatoria de asuntos de Pleno o pasado xoves 17 de Setembro), a proposta de que o “Concello de Foz se adhira á rede de municipios de acollida de refuxiados”, se faga unha declaración institucional asinada por todos os membros da corporación e se de trámite e notifique ós órganos que corresponda. Temos que dicir que non foi a pleno polo acordo adoptado na comisión anteriormente citada, e en vindeiros días vaise levar a cabo.
No punto número dous da orde do díao grupo Municipal de FPF votou a favor da proposta de alcaldía sendo aprobado por unanimidade, declarar festivos locais para o ano 2016 os días 16 de xullo e 10 de agosto. Empregados en xeral do comercio do noso concello pedíronnos nos últimos tempos que defendéramos esta proposta, para que o 16 de xullo (día do Carme) que coincide en sábado fora declarado festivo local para o ano 2016 así coma o 10 de agosto día de San Lourenzo.
Así mesmo,no punto número tres da orde do día o grupo municipal de FPF tamén votou a favor, sendo aprobada por unanimidade a proposta de alcaldía de nomear ó alcalde de Foz como a persoa que ostentará a representación do Concello de Foz no Consello territorial da propiedade inmobiliaria.
O grupo municipal de FPF no turno de preguntas, fixemos as seguintes:
A primeira dicía o seguinte: ¿En que estado de actuación ,ou si xa se realizaron, os rogos que FPF fixo no anterior Pleno ordinario deste concello do 29 de Xulio de 2015 (fai 2 meses) e citábamos; “colocación de varanda nas escaleiras que dan aceso ó escenario móbil (palco) que utiliza o concello de Foz nas distintas actuacións”, “o acondicionamento da antiga escola da Hermida e a entrega ós veciños deste barrio de San Martiño dunhas chaves desta escola para o seu uso e desfrute”, e a terceira en que proceso se atopa a “construción das novas instalación da protectora de animais”.
A segunda pregunta volvíamos a facerlle ó Sr. Alcalde de Foz, os concelleiros de FPF, igual que no anterior pleno de xullo,¿en que proceso se encontra, ou cando ten previsto o ministerio de fomento iniciar as obras de reparación da Estrada da Costa N-642?.Vendo a proximidade da campaña electoral para as eleccións do estado, moito nos tememos que se retrase ese comezo das obras para sacar un proveito electoralista, como ven sendo habitual e menosprezar o interese veciñal e de todos os usuarios desa estrada por a posibilidade de captar uns cuantos votos.
E a terceira pregunta para o Alcalde de Foz era si estaba actuando sobre todas as denuncias que lle están chegando a el da policía local de Foz sobre irregularidades urbanísticas que se daban no noso Concello.




















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



