Nun país cuio nome non recorda neste intre había unha vez un home marron, vestido demarron, con cabelo mouro tintado e barba gris. Levaba consigo o seu vacua oratoria por el mesmo escrita en papeliños que logo non sabía ler, atragantándose no seu verbo marron. Como aos búhos, se lle guiñaba un só ollo cando mentía, porque nin tan sequera tan sinxela e tentadora técnica dábaselle ben. En pleno discurso sufría o ataque descontrolado dun duende inconsciente que lle negaba os argumentos que pretendía esgrimir. E cando dicía “Non é certo”, o malvado facíalle pronunciar “salvo algunha cousa”, que é o que publicaron os medios de comunicación. Si conseguía recuperar as rendas das súas parolas do insolente intruso, remachaba de novo e guiñando o ollo, repetía “é total e absolutamente falso”.
O home marrons quixo darse a valer resaltando con autobombo as súas calidades de imperturbable empollón, os seus méritos académicos conseguidos a base de moitas horas de códos sobre a mesa, cu sobre o asento e ollos nos libros, moi meritorio esforzo, por suposto, sempre que non se quede só niso toda a súa virtude. Por todas as partes destacaba os seus dotes de “forza, coraxe e determinación”, certamente, pero que resultaron ser, na súa versión máis procaz, tozudez, testarudez, terquedade e carencia total de imaxinación, creatividade, planificación, capacidade de resposta ante situacións dificultosas e de xestionar tan inxente tarefa como lle encomendaron as súas conciudadanos. E é que resultou un gobernante marron rodeado de mentiras grises.
Como para moitos outros políticos que, a falta de máis potentes virtudes, poñen por diante as súas moitas horas de dedicación, o burro parecía ser a súa mellor imaxe, animal altamente estimado pola súa constancia, capacidade de aguante e sacrificio, é o que sabe facer.
O ridículo internacional non pode ser maior, talvez desde aquel asuntillo da Armada Invencible nunca se riron tanto de nós, por o mundo adiante
Otero Regal.