Sábado 12 abril 2015: A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e a Asociación organizadora das San Lucas, presidida por Miguel Souto, presentaron hoxe o cartel artístico da nova edición destas festas, que teñen a honra de ser as máis antigas de Galicia.
Ao igual que en pasadas edicións, o cartel artístico é obra do deseñador e ilustrador Xosé Vizoso, cuxa creación “describe ás San Lucas a través dunha linguaxe propia e xa recoñecible e identificadora destas festas”. Souto asegura que o cartel deste ano “é un dos que mellor representa a estas feiras”. A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, tamén quixo agradecer o traballo do artista Xosé Vizoso e o seu compromiso con estas feiras ao tempo que destacou as características das súas obras que as fan únicas e cuxas representacións xa identifican as “nosas festas alá onde vamos”.
A Asociación As San Lucas de Mondoñedo organizou o ano pasado unha exposición cunha selección de 56 obras carteis, creación de Xosé Vizoso, e que semellou “un paseo por distintas festas, feiras e romarías de Galicia ao longo dos últimos corenta anos”, lembrou Souto, quen engadiu que se tratou dunha homenaxe a Vizoso en agradecemento do seu traballo a prol das San Lucas “co deseño da meirande parte dos carteis anunciadores dos últimos anos, e cuxa linguaxe artística hoxe en día xa distingue a estas feiras”.
As San Lucas 2015
Este ano As San Lucas celébranse entre os días 16 e 20 de outubro. Segundo Miguel Souto, o programa para esta edición “vai ter moitas actividades e para todos os públicos, xa que As San Lucas son cultura, son arte, son tradición e son feira e festa”. Adiantou que nos próximos días se avanzará a programación, segundo se vaia pechando definitivamente. De todos xeitos, Souto engadiu que non faltarán as mellores orquestras de Galicia. O día 16, estarán Sintonía de Vigo e Orquestra Televisión; o 17 Miramar e Claxxon; o 18 Fania e Jerusalen; o 19 Paladium e Nueva Generación; e o 20, Nueva Generación e París de Noia.
Souto tamén lembrou que As San Lucas celébranse ininterrompidamente dende 1156 e teñen como elemento principal o cabalo. “O día grande, o 18 de outubro, centos de reses chegadas de todo o noroeste peninsular danse cita na Feira das San Lucas. Repartiranse importantes premios”, describiu o presidente da Asociación, quen engadiu tamén que a véspera, o día 17, “dáse un momento dentro da programación das San Lucas que causa moita expectación, unha das mellores estampas das festas, o paseo dos cabalos polas rúas de Mondoñedo coma dende 1156 cara o campo da feira para ser vendidos”. Ao igual que na pasa edición, haberá unha pantalla xigante na Praza da Catedral a través da que se poderá ver en directo o proceso que seguen o gandeiros para reunir os animais que viven no monte e baixalos ata o centro de Mondoñedo. “É un espectáculo etnográfico de relevancia e que cada ano atrae a un maior número de turistas e visitantes”, dixo. O mesmo día 17, en horario de mañá, será a final da Copa Galicia do concurso morfolóxico Pura Raza Cabalo Galego.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



