Ribadeo, 23 de outubro de 2015. Prezos de norte así se denomina a nova campaña promocional de Acisa Ribadeo, que terá lugar do 30 de outubro ao 1 de novembro. “Na mesma participan 31 comercios asociados, que decorarán os seus locais e escaparates e proporanlles aos seus clientes descontos, sorteos, outlet… todo de morte”, explican desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo. A esta cita sumaranse tamén algúns locais hostaleiros.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explica que “o que pretendemos con esta acción é dinamizar a economía local e potenciar as compras durante esta ponte festiva na que Ribadeo volverá a recibir a moitos visitantes de proximidade, chegados doutros puntos da nosa comunidade e tamén da veciña Asturias. O 2 de novembro é festivo en Galicia, en Asturias, en Castela-León, en Extremadura e en Andalucía e ocasionará a chegada a viaxeiros a esta zona e agardamos que se note na hostalería e no comercio da nosa vila”.
Iriarte engade que “aproveitando o reclamo e o tirón que ten a festa do Samaín ou de Halloween, como se prefira, é por iso que realizamos esta campaña, que estará centrada nesta ocasión nas redes sociais. Iremos informando ao longo dos vindeiros días desde o facebook de Acisa Ribadeo”.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



