O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega este martes na sede da Academia Galega de Seguridade Pública de 42 vehículos todo terreo tipo pick-up destinados ás Agrupacións de Voluntariosa de Protección Civil da nosa comunidade, onde destacou a importancia da frutífera colaboración entre Administracións, en especial cando se trata dun eido tan sensible e importante como é o das emerxencias e a seguridade cidadá.
Mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, no marco de Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013, fixéronse entrega de 42 todo terreos tipo pick-up, logo de que foran xa entregados remolques para atención ás emerxencias, esparexadores de sal adaptados a remolques ou vehículos todoterreo, ademais de remolques con carpa presurizadas
O acto tivo lugar na Academia galega de Seguridade Pública, na Estrada, e contou coa presenza de alcaldes e membros das Agrupacións, así como dos dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Pontevedra e Ourense e do director xeral de Emerxencias Interior, Luis Menor.
Rueda aproveitou o acto para enxalzar o traballo diario das asociacións de Protección Civil galegas e destacou o compromiso da Xunta con todas elas, dotándoas dos medios necesarios para que poidan ser máis efectivas e eficaces na súa resposta ante as emerxencias. A distribución destes medios fíxose “onde máis se precisaba”, seguindo criterios obxectivos e primando, por exemplo, aos concellos con maior número de actuacións e voluntarios, o risco potencial de emerxencias e a distancia con outros servizos de emerxencias coma bombeiros ou GES.
Distribución de todoterreos pick-up
Desta volta foron entregados para os concellos mariñáns de Barreiros, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo e Viveiro; ademais de Friol e Vilalba, na provincia de Lugo. Tamén para os de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Culleredo, Narón, As Pontes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba; na provincia da Coruña e para os de Bande, Carballiño, Chandrexa de Queixa, Coles, A Gudiña, Manzaneda, Muíños, Piñor, Pobra de Trives, A Veiga, Verín, Xinzo de Limia e Laza; en Ourense. Finalmente, para a provincia pontevedresa foron entregados aos concellos de Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Lalín, Mos, Ponteareas, Porriño, Ribadumia, Tomiño, Valga, Vilagarcía de Arousa, e para a Mancomunidade de Val Miñor.





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



