Burela, 12 de outubro de 2015. A asociación recreativa, cultural para a promoción da cultura e tradicións de Cabo Verde Rabentola en colaboración coa Concellería de Inmigración e Cooperación organizan un ano máis a Festa Caboverdiana na honra da Nosa Señora dos Navegantes. Será a vindeira fin de semana, os días 17 e 18 de outubro.
O sábado a partir das 18.30 horas haberá actuacións dos grupos de batukadeiras de Burela e Portugal na praza da Mariña e ás 23.00 horas na antiga praza de abastos terá lugar o concerto de Ligemea (con venda de entradas por parte da asociación organizadora).
O domingo, 18 de outubro, ás 12.15 horas haberá unha misa e posterior procesión na honra da virxe Nosa Señora dos Navegantes na igrexa parroquial e a continuación na antiga praza de abastos poderase acudir á comida de fraternidade.