Ribadeo, 12 de outubro de 2015. Os nove directores de centros de ensino checos convidados pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) que actúa como socio de acollida neste proxecto educativo chegaron este domingo a Ribadeo.
Ata o hotel O Cabazo se desprazaron o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo, Ana Martínez, para darlles a benvida, desexarlles unha feliz estancia en Ribadeo e para facerlles entrega de diverso material promocional. Nese acto tivo lugar unha actuación coa música tradicional galega coma protagonista.
A delegación checa xa visitou a primeira hora deste luns a praia das Catedrais. Ás 11.00 horas estarán na empresa Recense en A Pontenova; ás 13.00 horas farán unha visita turística por esta localidade; xantarán en Ribadeo e xa pola tarde ás 16.30 horas visitarán a empresa Hermanos Rega en A Seara (Alfoz) e ás 18.00 horas chegarán a Mondoñedo para coñecer a cidade episcopal.
Este martes 13 de outubro visitará os IES María Sarmiento, en Viveiro e Perdouro, en Burela, o IES Foz e o Gamallo Fierros, en Ribadeo. Tamén nesta localidade achegaranse ata a Escola Oficial de Idiomas e á Escola Agraria Pedro Murias.
Esta viaxe enmárcase nos intercambios europeos nos que participan Apaga e centros de ensino doutros países. No pasado curso varios profesores, membros de Apaga, participaron en experiencias similares, a través do programa Aprender a aprender en la formación profesional, e viaxaron a Alemaña, Italia e a República Checa, onde visitaron centros de ensino, empresas, Concellos…
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, que preside Álvaro Doural, é socio de acollida nesta visita chegada desde a República Checa.






















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



