Ribadeo, 16 de outubro de 2015.- Tralas declaracións feitas polo alcalde de Ribadeo sobre a colaboración da Xunta de Galicia coa residencia de maiores da localidade, dende o Partido Popular aclárase o seguinte:
1.- O Partido Popular de Ribadeo traballará sempre na defensa dos intereses dos veciños e veciñas da localidade, aos que antepón a calquera beneficio partidista. Esta afirmación vén demostrada no feito de que os populares teñen xa solicitada unha reunión co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. No marco desta xuntanza, trasladáranlle as demandas dos ribadenses e tratarán de primeira man a situación na que se atopa a residencia de maiores de Ribadeo.
2.- É necesaria unha actitude seria e rigorosa na defensa dos intereses dos veciños de Ribadeo e a mellor forma de facelo e a través dun traballo coordinado entre administracións, acercando posturas e dando solucións. Pola contra, o alcalde da localidade móvese por un claro interese político. O Partido Popular en ningún momento asinará cartas políticas, cuxos únicos obxectivos que persegue é o da estratexia política e o de vender fume. Non formaremos parte de accións a través das que se están a rir dos veciños. A misiva do alcalde non achega ningún novo avance na defensa das peticións dos ribadenses. É un documento baleiro de contido, que só serve para a súa utilización en busca de beneficios partidistas, e na que se deixa clara a inoperancia do alcalde.
3.- O Partido Popular esíxelle ao alcalde seriedade e rigor e que cumpra co seu deber antes de reclamar actuacións externas. O Concello de Ribadeo debe remitir á Xunta a documentación que lle reclama a administración autonómica e a través da que se poda aclarar tamén aos veciños a forma de xestión da residencia. O Partido Popular pídelle ao alcalde que cumpra co seu deber, xa que a súa inacción impide un avance na liña de colaboración coa Xunta de Galicia.
4.- Ademais, a actitude do rexedor de Ribadeo demostra que o alcalde non ten claro este proxecto, nin é coñecedor de cales son os fondos necesarios para que a residencia sexa unha realidade. Primeiro, pide 500.000 euros a Xunta para o equipamento da residencia. Agora, segundo as palabras do rexedor, parte deste diñeiro destinaríase ao remate das obras. Entón, como fará o Concello para equipala totalmente e permitir que os veciños dispoñan deste servizo?. A maiores, como a vai xestionar? Que custes suporá para os ribadenses?. Está claro que o alcalde non ten unha planificación feita e que unicamente emprega a residencia como unha arma de ataque político. Está a enganar aos veciños.
5.- Polo tanto, o Partido Popular non entrará no xogo dos nacionalistas e continuará a priorizar unha forma de traballar distinta, a do contacto directo coa administración autonómica, a cuxo novo responsable de Política Social lle fará chegar as necesidades dos veciños de Ribadeo. A carta enviada polo alcalde non di nada novo, nin vai máis alá do xa tratado, polo que se lle pide que primeiro cumpra coa súa responsabilidade e que non siga a botar balóns fóra.


















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



