Burela, 23 de outubro de 2015.- Espectacular vitoria do Burela Pescados Rubén (5-8) na cancha do Catgas E. Santa Coloma con Chino como protagonista co seu repóquer de goles. A escuadra dirixida por Daniel Ibañes mostrou o seu carácter e determinación nun duelo aberto e con alternativas no xogo e no marcador. O primeiro en golpear foi o conxunto mariñao co home de partido, Chino aproveitou a súa primeira ocasión para abrir o marcador (0-1) pero a aparición de Adolfo no partido animou aos cataláns. Adolfo empatou (1-1) nun lanzamento de falta e Rafa López puxo ao seu equipo en vantaxe (2-1) remantando un balón solto na liña de gol, minuto once. O conxunto local buscou aproveitar o seu mellor momento pero os mariñanaos capearon o temporal e recuperaron o timón para empatar ao bordo do descanso cun disparo afastado de Chino. Co 2-2 chegouse ao descanso e na continuación a estratexia local tivo premio cun novo gol de Adolfo 3-2 que obrigaba ao Burela Pescados Rubén a unha nova reacción. A resposta tamén chegou a través da estratexia sendo Iago Rodríguez o executor do empate á saída dun córner. Con táboas no marcador, ambos equipos mantiveron a súa vocación ofensiva xerando un partido atractivo. No minuto 32 o Burela Pescados Rubén rompeu o partido con dous goles dun gran Chino que se mostrou letal como unha frecha certeira para situar o 3-5 e situar un escenario non esperado na grada local. Bellvert volveu golpear a nave catalá co 3-6 e os locais insistiron co xogo de cinco que aproveitaron Chino e Chano para aumentar a renda laranxa (3-8). No último suspiro o Catgas maquillou o marcador con dous goles de Corvo que situaron o 5-8 definitivo que selou un triunfo merecido do Burela Pescados Rubén.
Ficha técnica
Catgas E. Santa Coloma: Didac, Rubén, Rafa López, Sepe, Corvo –cinco inicial- Pablo, Fabián, Adolfo, Eric,
CD Burela FS Pescados Rubén: Alex, Iago Rodríguez, Chano, Bellvert, Renato –cinco inicial- Chino, Antoñito, Iago Míguez, Isi, Hélder.
Goles: 0-1, m7, Chino; 1-1, m.9, Adolfo; 2-1, m.11, Rafa López; 2-2, m.20, Chino; 3-2, m.23, Adolfo; 3-3, m.26, Iago Rodríguez; 3-4, m.32; Chino; 3-5, m.32, Chino; 3-6, m.34, Jorge Bellvert; 3-7, m.35, Chino; 3-8, m.37, Chano; 4-8, m.39, Corvo; 5-8, m.40, Corvo.
Árbitros: Díaz Rodríguez, García Hernández. Cartón amarelo a Iago Rodríguez, Antoñito, Chino, Bellvert de Burela Pescados Rubén. Cartón amarelo a Corvo de Catgas E. Santa Coloma.
Incidencias: Partido correspondente á sétima xornada da Primeira División da LNFS. Disputado no pavillón Nou de Santa Coloma.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
