Alfoz, 29 de outubro de 2015.- Este venres 30 de Outubro, coincidindo co Día do Ensino, comezan en Alfoz as Actividades de Outono 2015, coa celebración dunha ginkana para nenos de infantil e primaria, que servirá para inaugurar as novas instalacións do Parque Municipal José María Parmeiro, recentemente remodeladas. O horario desta actividade será de 11:30 a 13:00 horas nas que se desenvolverán xogos de habilidade, coordinación, estratexia, etc., polo que se recomenda traer roupa deportiva. Se as condicións metereolóxicas non permiten a celebración no parque realizarase no Polideportivo Municipal.
O sábado 31 prosegurase con actividades para os máis pequenos, desta volta nas dependencias da OMIX no Centro Sociocultural de Alfoz. De 17:30 a 19:30 horas, celebrarase un Obradoiro creativo, no que se tratará a temática dos medos a través do contacontos “Fiz, o coleccionista de medos”: conto para combater as preocupacións e superar os medos. Tamén se realizará un obradoiro con limpapipas. Ao rematar o obradoiro os mais pequenos compartirán un chocolate con biscoito.
Tamén o sábado 31, a partir das 20:00 horas no salón de actas do Centro Sociocultural, comezarán as xornadas de teatro, dentro do Circuito Afeccionado Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo, coa obra “O caldeiro máxico” do Grupo Teatral “O Centiño”, que está integrado por Luís, María Xosé, Vila, Pepita, Javier, Kevin, Avelino, Cándida, Pepe Beirán, Loli, Lucita, Raquel e o actor local Pepe Peinó.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



