Ribadeo, 29 de outubro de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, asegura que o Concello quere ter en funcionamento o antes posible a gardería actualmente en construción, pero amósase preocupado polo que, asegura, é unha competencia impropia para a administración local e da que debería encargarse a Xunta. Ademais, o rexedor di que as condicións económicas da obra e do posterior financiamento da instalación deben revisarse e que hai gastos non contemplados que hai que aclarar.
Llano explicou que “nestes últimos tempos estamos preocupados por saber quen nos pode informar de como está desenvolvéndose o tema da gardaría, xa que houbo cambios na Consellería correspondente. Xa expresamos a nosa preocupación, derivada dun convenio que existía e que condiciona moitísimo economicamente ao Concello, que asume unha competencia impropia. Non lle corresponde para nada ao Concello de Burela, e ademais hai unha lei do ano 2013 do propio goberno central onde indica que ese tipo de convenios quedaban anulados, dado que non se podía corresponder co que era a Lei de Racionalización. Estes días estou intentando poñerme en contacto con responsables da Consellería para que nos indiquen cando podemos ir ata Santiago ou que veñan eles a Burela, que non hai ningún problema en que viñeran ata aquí e analizar dentro do propio edificio e no contorno o que nos preocupa, e chegar ao mellor porto posible”. O alcalde burelés subliñou que “a nosa intención é rematar a obra e rematala ben e que se poña a funcionar o antes posible, pero loxicamente hai que acondicionar o inmoble e hai que facelo nuns termos económicos e de funcionamento que cremos que debemos revisar”.
O rexedor indica que son varias as cuestións que preocupan ao goberno municipal con respecto á construción e ao funcionamento futuro da instalación: “hai unhas melloras que hai que facer no interior, que non estaban contempladas no proxecto inicial, que agora hai que asumir como unha cuestión a maiores e aportar unha cantidade de cartos que antes non estaba contemplada. Hai tamén unha zona de esparexemento no exterior do edificio que corresponde mellorar, preparar e adecuar porque é unha zona a onde deben ir os rapaciños xogar cando haxa bo tempo. Hai que preparala, agora mesmo non está preparada e isto vai custar unha serie de cartos que tampouco estaba contemplado no proxecto inicial. Hai outra cuestión que tampouco se contemplou, que me parece estrañísimo, que foi a colocación de luz de obra. Nin sequera houbo luz de obra durante todo este tempo de construción e iso trae uns gastos a maiores debido a que teñen que levar un produtor de electricidade, unha máquina que gasta combustible e encarece o prezo”.
Llano seguiu a relatar que “o enlace de pluviais e residuais á canalización do pobo tampouco estaba contemplado nos orzamentos e tamén imos ter que asumila. Tamén nos preocupan os gastos de funcionamento unha vez se abra a gardería e se poña a funcionar”.
O alcalde de Burela reitera que “o Concello está moi interesado en que esta nova escola infantil poida funcionar o antes posibles. É unha demanda dos propios veciños, penso que agora mesmo é necesaria e queremos darlle para diante con urxencia e que as cousas estean ben feitas. Pero hai outra cuestión, de fondo, que son as condicións nas que se está producindo e facendo a construción e levando os que serán despois os gastos de mantemento, as obras complementarias que se deben facer para adecuar o edificio á fin á que se vai dedicar, que é unha gardería. Os gastos que se derivan e que non estaban proxectados é algo que nos está preocupando”.
Alfredo Llano engadiu que “hai unha cuestión que non queremos pasar por alto, as competencias que debe ter o Concello en materia de educación, formación, igualdade e benestar. É algo que lle debe preocupar á Consellería e non que a Consellería endose gastos que non lles corresponden aos concellos. É o que queremos negociar agora mesmo cos novos responsables da Consellería de Política Social e chegar a un acordo, eliminando ou chegando a acordos xa digo, porque hai que procurar facer as cousas o mellor posible, pensando no que é o ben común, o bo para todo o pobo, e pensando niso como fondo, chegar a un acordo onde se vexa que o Concello debe saír beneficiado na cuestión que lle corresponde e a Xunta tamén, pero hai que concluír a obra e hai que concluíla ben. Canto antes nos poñamos de acordo, moito mellor”.























Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



