Ribadeo, 2 de outubro de 2015.- Seguindo co seu compromiso con este deporte, a sección de Tenis de mesa da S.D. Ribadeo contará esta tempada coa valiosísima incorporación, como adestrador, de Salvador Alfonso, do club Luarca Tenis de Mesa, onde exerce como máximo responsable deportivo, e onde está logrando grandes resultados cos nenos ao seu cargo en distintos torneos e competicións a nivel rexional e nacional.
A súa función no club será a de adestrador e director deportivo tanto de nenos como de adultos aínda que estará especialmente dedicado á formación dos nenos, tanto dos inscritos a través das escolas municipais, como dos inscritos directamente no club.
Agora que xa se pechou o prazo de inscrición nas escolas municipais, todos os nenos que queiran aínda poden inscribirse por esta vía. O prezo de dita inscrición no club será o mesmo que o das escolas municipais.
Con motivo desta incorporación e a modo de presentación, Salvador Alfonso, xunto con algúns nenos do club Luarca Tenis de Mesa, e coa colaboración de nenos e monitores do club ribadense, ofrecerá unha exhibición este sábado 3 de Outubro no Pavillón novo de Ribadeo a partir das 12:30.
Salvador Alfonso conta cun palmarés impresionante. Estes son só algúns dos seus moitos logros deportivos:
Campión de Asturias en varias categorías
Xogador de División de Honra en dous equipos distintos
Premio ao deporte Cidade de Oviedo 2008
Seleccionador asturiano escolar
Xogador e adestrador xuvenil e infantil de numerosos Campionatos de España
Campión de Cantabria en dobres e equipos
Campión do torneo Zonal e Estatal 2015 en categoría veteranos 40
Etc…
Desde o club convidan a todo o mundo a asistir a esta exhibición onde, ademais de pasar un intre divertido en familia, intentarán dar a coñecer un pouco as enormes e a miúdo descoñecidas virtudes deste deporte apaixonante.
As vantaxes deste deporte son moitas e demostradas por estudos científicos avalados ata pola mismísima NASA que nun estudo propio concluíu que o Tenis de Mesa é un dos deportes máis completos e o máis complexo no alto nivel. Este é un pequeno extracto de devandito estudo:
“O tenis de mesa foi e será un dos deportes máis complexos e emocionantes que pode existir. Non só consiste en pasar a pelota dun lado ao outro e conseguir un punto ao seu favor. Este deporte levado a un nivel bastante avanzado, é o xogo máis completo de intelixencia, rapidez mental, axilidade de movementos, bos reflexos e unha longa serie de complementos que fan deste deporte o máis rápido de todos segundo a velocidade da pelota, e ún dos máis emocionantes e vistosos do mundo”.
Segundo os estudos da NASA, o tenis de mesa ou popularmente denominado “ping pong” é unha das actividades máis complexas que pode levar a cabo unha persoa trala de ser astronauta.
-Potencia a capacidade de concentración
-Mellora o equilibrio
-Aumenta a capacidade de reacción e os reflexos
-Desenvolve a capacidade de toma de decisións
-Ao ser un deporte individual e colectivo aúna as vantaxes de ambas modalidades
-Maiores posibilidades de chegar a un alto nivel e destacar que noutros deportes máis masificados
-É un deporte complementario e totalmente compatible cos demais deportes
-Maior tempo e atención que pode dedicar o adestrador a cada neno
-É ideal tanto para nenos dotados como para nenos non especialmente dotados físicamente xa que é un deporte no que a habilidade e intelixencia pode suplir a falta de axilidade, e viceversa
-O risco de lesións é mínimo e á vez é un deporte moi completo a nivel físico
-É un deporte que se goza desde o primeiro momento e ninguén se ve excluído.
-Por ser un deporte de interior, a climatoloxía nunca é un factor condicionante
Así pois, desde o club animan a achegarse ao Pavillón municipal de Ribadeo (novo), a coñecelos e a gozar dun bo intre en familia, o sábado, día 3 de Outubro ás 12:30.





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
