Foz, 23 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi apoia a solicitude da nova ubicación para a EDAR de Foz no camiño da Granda, en Forxán.
En Foz levamos moito tempo sufrindo co mal funcionamento da EDAR situada na zona portuaria, producindo problemas de contaminación da nosa ría, malos cheiros, principalmente na época estival que é cando mais afluencia temos de visitantes. Foz é un pobo turístico, e como tal non pode cheirar a putrefacto nunha das zoas de mais afluencia de persoas.
Hai varios anos que se traballa, politicamente, na ubicación dunha nova depuradora no concello de Foz. Nas lexislaturas anteriores propuxéronse varias opcións que non foron aprobadas por falla de apoio e de consenso entre as forzas políticas locais. Partidos tradicionais que defendendo intereses partidistas non deciden “desenquistar” esta situación. Mentres tanto os veciños seguíamos a sufrir coa depuradora do porto. Gran parte da culpa desta situación a tivo o Sr. Alcalde por ser incapaz de chegar a un acordo político coas demais forzas.
Despois de todo este atranco chega o momento de que se expón, a nova corporación local, unha nova ubicación para esta EDAR.
Foz Plataforma de Futuro estudia concienzudamente esta nova proposta de localización. Temos varias reunións cos representantes das asociacións de veciños de Forxán e Fazouro, así como asembleas de seguidores onde se trata e discute este tema. Resaltamos o gran traballo veciñal para esixir, a Augas de Galicia, melloras técnicas de saneamento e depuración para esta nova EDAR.
Despois de todo isto, Foz Plataforma de Futuro decide dar un paso adiante neste tema da depuradora, e desbloquear a situación aceptando a ubicación da nova EDAR no camiño da Granda en Forxán. Esta decisión foi aprobada por unanimidade na asemblea de seguidores do partido, como non podía ser de outro xeito.
Isto non é un cheque en branco para o equipo de goberno local senón que un punto e seguido para que Augas de Galicia faga o anteproxecto desta EDAR e sexa presentado os grupos políticos para ser revisada e discutida no seu momento, antes da súa aprobación, si é que se consigue. Esixiremos todas as melloras técnicas necesarias para o bo funcionamento, no tratamento de lodos, na mellora do saneamento, na posta dun emisario que evite a contaminación das nosas praias, que non produza cheiros, etc. Queremos e esixiremos a mellor EDAR para Foz.
Esta nova corporación municipal, con xente nova na política, está facendo cambiar a maneira de actuar os vellos políticos ou as vellas políticas que levan o NON por diante porque é plantexado polo partido contrario. Foz Plataforma de Futuro dixo sempre que si algo era interesante para Foz e para os veciños e veciñas estaría apoiando esa iniciativa viñese de quen viñese, sen mirar a cor política de quen o plantexaba. Este é un exemplo claro de que queremos o mellor para Foz.