Lugo 27 de outubro de 2015.- O deputado José Antonio García demostrou que os socialistas faltan á verdade sobre a implicación da Xunta de Galicia na provincia a través dos orzamentos para o próximo ano. “Os números non son opinións e incluso as dos socialistas e dos nacionalistas cada día cambian”. O popular asegurou que a provincia de Lugo é a gran beneficiaria dos orzamentos do Goberno de Feijóo para o próximo ano. “Volvemos a ser a provincia galega que recibe un maior investimento por habitante. Recibimos 725 euros por habitante, fronte a de Ourense con 688 euros por habitante; a de A Coruña, 502 euros por habitante e a de Pontevedra de 460 euros euros por habitante”. Ademais, o investimento por habitante na provincia duplicouse dende o ano 2009 cando o bipartito estaba no Goberno autonómico, pasando dos 374 aos 725 euros.
En relación coa moción presentada polo PSOE e debatida na mañá deste martes en pleno, o deputado popular dixo que os socialistas empregaban discursos “incoherentes, como fan noutros ámbitos e que todos coñecemos. Falaban de recortes e recorrían ao populismo fácil cando se estaba actuando con seriedade dentro da situación económica que se prevía e agora din que hai déficit”, di José Antonio García. “A realidade é que non saben nin onde están nin saben o que queren. Estamos ante unha moción que se non se ve non se cre. Lamentamos que lles doa que a Xunta aposte por Lugo dunha forma clara”, lamenta o popular.
“Os orzamentos son cifras e non opinións, e demostran que a Xunta de Galicia aposta por esta provincia e o seu investimento en Lugo segue case un 50% por enriba da media”, dixo José Antonio García. Así, citou infraestruturas de importancia como o corredor rápido Sarria-Monforte con 3,1 millóns de euros, ou o corredor rápido da costa norte con 6,1 millóns de euros, así coma o acceso ao Porto de Burela, a ampliación do Hospital da Costa ou o Auditorio de Lugo, entre outras. Polo tanto, “estamos diante duns orzamentos feitos con criterio, axustados ás necesidades e aos proxectos máis importantes para os lucenses”, expón.
A Deputación négase a elaborar un plan provincial de igualdade
A deputada Mari Teijeiro defendeu a importancia de que “sumemos esforzos para combater e erradicar o problema social da violencia de xénero” e lamentou “as interpretacións sesgadas da realidade e a utilización desta problema dun xeito político”.
“Estamos na mesma carreira e na mesma meta e é xuntos como realmente podemos lograr avances. Non hai os recortes que din os socialistas”, matiza a popular, quen deu datos ao respecto. En Galicia as partidas orzamentarias en materia de violencia de xénero medraron un 118% dende 2015. A mesma situación se extrae da análise dos orzamentos do Estado. En concreto, nas contas para 2016, esta partida sube case 2 millóns de euros con respecto a 2015.
Mari Teijeiro tamén engade que “é certo incrementar esforzos, partidas e programas, porque queda moito que facer e a esta loita tamén se debe sumar a Deputación de Lugo, por iso apelamos a súa coherencia e que apoien a emenda que presentamos”. Os populares na súa emenda, que non apoiaron nin socialistas nin nacionalistas, instaron tanto a Xunta como a Goberno Central a que continuase na senda do incrementos dos recursos económicos; a que se continúe desenvolvemento e aplicando as leis de medidas de protección integral contra a violencia de xénero; e a elaboración por parte da Deputación dun plan provincial de igualdade no que apoie a implicación dos concellos na prevención e loita contra a violencia de xénero.
A popular lamentou que o Goberno bipartito se negase a comprometerse dende a Deputación na loita contra a violencia de xénero. “Perderon a oportunidade privilexiada para mostrarlle as mulleres da provincia que están a defender os seus intereses e que teñen un compromiso firme para coa igualdade de xénero e en contra da violencia machista”, dixo.
Polo tanto, “é necesario que abandonen o seu discurso da crítica políticas as portas do día internacional da loita contra a violencia de xénero e abandeiren a defensa das mulleres da provincia de Lugo con feitos e non só con palabras”, censurou.
Regularización catastral
O vicevoceiro do Partido Popular, Carlos Armesto, considera que a iniciativa sobre a regularización catastral é de “importante interese para os cidadáns, polo tanto tamén o é para o Partido Popular” pero lamenta que parte da iniciativa do BNG “non pode ser aceptada ao interferir na autonomía dos concellos da provincia, os concellos son entes soberanos, e teñen as súas casuísticas”.
Armesto explica que o proceso de regularización catastral 2013-2016 ten por obxecto incorporar ao catastro todos os bens inmobles omitidos ou que estean inscritos de forma correcta ou incompleta e, polo tanto, “a regularización catastral non implica unha nova revisión dos valores catastrais”. Amais, este proceso de regularización catastral foi solicitado incluso por concellos do PSOE e do BNG.
Neste senso, “estamos de acordo que os inmobles de menor entidades non tributen do mesmo xeito que outras edificacións pero o que non nos parece lóxico é que un mesmo suxeito pasivo sexa obxecto dun só cobro cando dispón de diversos inmobles”, explica Armesto.
Amais, o popular considerar que non se pode aceptar “tal e como propón a moción interferir nas decisións dos concellos á hora de aplicar bonificacións en casos especiais, xa que a propia Lei inclúe índices correctores e os propios municipios deben ter autonomía para tomar as súas decisións”. Por exemplo, dentro das bonificacións potestativas previstas nas normas dos concellos, as administracións locais poderían regular nas súas ordenanzas fiscais a bonificación potestativa que beneficia ás familias numerosas, que pode ser ata o 90% da cota íntegra do imposto. Por último, Armesto defende que a Deputación de Lugo facilite información e asesoramento para presentar as alegacións necesarias.
Respecto a todas as posicións que haxa sobre as touradas
O deputado José Antonio García defendeu a necesidade de respectar a Lei e a liberdade das persoas e dos concellos “onde exista a tradición das touradas”. O popular definiu a moción do BNG sobre as corridas de touros como unha “moción sectaria e ideoloxizada e que non ten un impacto real en Galicia, onde non existe de xeito xeneralizado unha tradición taurina”. Ademais, de que “intentan vincular esta tradición coa protección animal, cando xa existe unha lei neste senso”, matiza.
Por último, José Antonio García dixo que se estaba ante unha moción “hipócrita” e invitou ao BNG a que fale cos seus compañeiros de Pontevedra porque “este concello gobernado polo BNG está a subvencionar á empresa propietaria da praza de touros”. “Dende o Partido Popular consideramos que hai que respectar todas as posicións que haxa sobre o tema a favor ou en contra, porque as corridas de touros, tampouco se lle impoñen a ninguén, polo que o que non se impón tampouco se debe prohibir”, conclúe.



















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



