Burela, 16 de outubro de 2015.- A quinta xornada de Primeira RFEF levará este sábado o CD Burela FS Pescados Rubén á pista do Majadahonda FSF Afar4 (La Granadilla, 20.00 horas); a undécima praza das de Madrid (4 puntos) poñerá a proba o coliderado laranxa (12 puntos). “Temos que facer un partido moi completo para gañar. É unha pista moi complicada; o ano pasado conseguimos empatar ao final e case deixamos a liga alí” advertía Lara Balseiro fuxindo de carteis de favoritos, despois de congraciarse co gol ante o Poio por partida dobre.
A moza viveirense, unha das incondicionais do cadro burelista, deixou claro que os seus problemas físicos arrastrados desde a tempada pasada xa quedan lonxe. “Estou moi contenta; xa podo adestrar con normalidade e axudar as miñas compañeiras. O sábado volvín e todo saíu redondo; axudei con dous goles e sumamos tres puntos para seguir traballando con ganas e ir paso a paso” explicaba a 10 burelista, moi ilusionada co grande inicio do equipo pero tamén mostrándose cauta co longo percorrido que queda por diante. “A liga vai ser moi complicada; o Atlético está intratable, goleando. Nós debemos facer o noso traballo partido a partido”.
Lucas poderá dispoñer de todo o vestiario laranxa a excepción de Emma e Judith, coma na xornada pasada, por lesión. A expedición partirá mañá ás 9.30 horas.


















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
