Burela, 22 de outubro de 2015. Cincuenta alumnos de 2º de Primaria do CEIP Virxe do Carme participaron este xoves nunha actividade sobre o cambio climático realizada polas monitoras do Centro Gaia, pertencente á Concellería de Medio Ambiente. A acción, que se realiza nos centros de ensino, está coordinada pola Red Española de Ciudades por el Clima en colaboración coa Concellería burelesa e busca sensibilizar aos estudantes a través dun vídeo e de consellos sobre o coidado do planeta.
Durante a sesión “os nenos e as nenas escoitaron consellos para aportar o seu grao de area á causa, como apagar e desenchufar os aparellos electrónicos, reciclar papel, reutilizar as cousas ou coidar as árbores para converter os cativos en pequenos grandes superheroes”, segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, que organiza esta actividade ao abeiro da celebración do Día do Cambio Climático este sábado, 24 de outubro. Ao acabar a actividade os rapaces colocaron nas portas dos baños unha pegatina cun consello sobre o aforro de auga: pechemos as billas cando non as esteamos usando. Os alumnos recibiron pegatinas, un caderno e un calendario de 2016 para a aula, no que cada mes fai referencia a un consello sobre o coidado do medio ambiente.
O obxectivo é mobilizar e facerlle entender aos rapaces os perigos que convela o quecemento global. A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, asegura que “o noso estilo de vida é o maior responsable do cambio climático e entre eles encóntrase o noso estilo de transporte e a queima de combustibles fósiles para a produción de electricidade. Por iso debemos de tratar de reducir en todo o posible estas emisións”.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



