A UNED introduce importantes novidades no proceso de matriculación neste curso, como a posibilidade de fraccionar o pago en catro prazos. A matrícula para os estudos ofertados na UNED (Licenzaturas, Diplomaturas, enxeñerías, Grados e Acceso para maiores de 25 e 45 anos) permanecerá aberta ata o 25 de outubro. A UNED Senior mantén aberto o prazo de matrícula ata o 21 de outubro para as seguintes asignaturas: INGLÉS e INFORMÁTICA. Máis información na secretaría da UNED (1º piso dos Claustros de San Francisco) a través do enderezo electrónico viveiro@lugo.uned.es ou do teléfono 982 56 36 01.























A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.



