Burela, 17 de outubro de 2015.- Vista Alegre viviu unha tarde de goles con sabor amargo para o Burela FS Pescados Rubén, que viu escapar unha vantaxe de 6-3 nos últimos tres minutos ante o Jumilla B. Carchelo.
Chino abriu o baile de goles na Bomboneira sen contemplacións tras contra iniciada por Iago Rodríguez. Faltaba un segundo para cumprirse o minuto 5 de xogo; antes Iago Míguez, cun balón que se paseou por diante da liña de meta, e Chano, picando ante Fede, xa deran o toque de atención. Dominaban os de Daniel Ibañes, pero Rubén Orzáez equilibrou o marcador pouco despois, no minuto 6, tras pugna con Edu ao bordo da área. Con todo, os laranxas volveron adiantarse nos seguintes compases cun lanzamento que volveu culminar Chino a pase de Iago desde a banda. Vista Alegre recuperou a igualada para os levantinos no 9, cun disparo de Cristian Louro desde a banda que deixou no chan a Edu. Rozando o ecuador do primeiro acto, Iago Míguez tivo nas súas zapatillas tres balóns de ouro; quedou cravado diante de Fede nun pase de Chano primeiro, non puido materializar tras rexeite de Antoñito máis tarde e tentou a rede de Jumilla cun misil que despexou o corpo do meta rival en última instancia. O merecido tanto asinouno Iago Rodríguez, no minuto 12, aproveitando un rexeite en xogada de estratexia, aínda que de novo o Jumilla volveu recuperarse, con Juandi a pase longo de Orzáez. Jorge perdoou dúas claras ocasións, no minuto 17 cun disparo que se estrelou contra o pau, e no 18, a porta baleira, con Cristian liderando a aposta de cinco dos levantinos. Nos últimos segundos os da casa tamén saíron con porteiro-xogador.
Tralo descanso, os de Burela encamiñaron de novo o partido para levar os tres puntos. Resistiuse o esférico no minuto 24 ante Antoñito, salvando Simón na liña de meta, pero Chano non titubeou no 27 materializando o 4-3 de penalti por man da Macías. Chegaban con claridade os burelistas á área do Carchelo, sen fortuna na finalización, ata que Iago Míguez ampliou a brecha (minuto 31) en galopada con Iago Rodríguez, asistido por Chino; antes Edu salvara o empate. A falta de seis minutos para o final, o Jumilla optou por xogo de cinco e aí chegou o 6-3 de Hélder, que aproveitou o rexeite do pau tras tentativa de Edu a porta baleira. Todo presaxiaba a recuperación da boa senda, pero o rival seguiu apostando polo porteiro-xogador e así puido achegarse máis con goles de Simón e Terry nos minutos 37 e 38. O definitivo 6-6 subiu a falta de 38 segundos para a bocina, con Chino defendendo baixo os paus. Aínda intentou reaccionar o Burela FS con Iago Rodríguez de cinco, sen éxito.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Chano, Jorge, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Iago Rodríguez, Chino, Hélder, Renato
Jumilla B. Carchelo: Fede, Juandi, Simón, Javaloy, Terry, cinco inicial; tamén xogaron Rubén Orzáez, Cristian Louro, Negro, A. Macías
Goles: 1-0, minuto 4, Chino; 1-1, minuto 6, Rubén Orzáez; 2-1, minuto 6, Chino; 2-2, minuto 9, Cristian Louro; 3-2, minuto 12, Iago Rodríguez; 3-3, minuto 13, Juandi; 4-3, minuto 27, Chano (penalti); 5-3, minuto 31, Iago Míguez; 6-3, minuto 34, Hélder; 6-4, minuto 37, Simón; 6-5, minuto 38, Terry; 6-6, minuto 39, Rubén Orzáez
Árbitros: González Moreta // Sánchez Chamorro (Castilla e León). Por Burela amarela a Jorge (minuto 4), Chano (minuto 16), Iago Rodríguez (minuto 18), Renato (minuto 26). Por Jumilla amarela a Terry (minuto 6), Negro (minuto 11)
Incidencias: Partido correspondente á sexta xornada da Primeira División da LNFS disputado en Vista Alegre, con arredor de 800 afeccionados.



















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
