Viveiro, 29 de outubro de 2015.- Este xoves, o Concelleiro de Deportes do Concello de Viveiro mantivo unha primeira reunión de traballo con D. Isidoro Hornillos, Presidente da Federación Galega de Atletismo, para tratar a posibilidade de crear unha pista de atletismo no municipio. Esta reunión, na que estivo presente o atleta Adrián Ben e que non será a última das prevista co presidente da federación, forma parte das xestións que se están a realizar dende o concello de Viveiro co fin de apoiar este deporte e buscar unha solución á falta das infraestruturas necesarias.
Nesta xuntanza, ademais de amosarlle ao presidente da federación o interese do concello por facilitar tanto a Adrián Ben como os demais atletas de Viveiro e da comarca un lugar axeitado para os seus adestramentos e para a práctica deste deporte, o concelleiro de deportes invitou ao presidente a ver en situ as diferentes opcións existentes para albergar a pista referida.
O Concelleiro de Deportes valora positivamente a reunión e considera que as impresións do presidente da federación son moi favorables, polo que se continuará coa liña a traballo iniciada para facer, nun futuro próximo, que as pistas de atletismo de Viveiro sexan unha reunión.