Foz, 29 de outubro de 2015.- O PSdeG de Foz non quere unha ubicación calquera para a nova depuradora de Foz, senón que quere a mellor ubicación posible. Para elo nos pedimos unha serie de documentación e informes para garantir que a ubicación proposta e a mellor ubicación posible.
Nos non podemos comparar está ubicación con outras, hasta que teñamos os informes económicos e técnicos necesarios e similares os feitos para outras ubicacións. Non podemos comparar unha ubicación evaluada e informada con outra da cal so se teñen boas intencións e vontades, pero nada cuantificable, medible nin oficial.
Estes informes son moi necesarios para tomar unha mellor decisión, ou por o menos, unha decisión mais fundada. Poñémoslles tres exemplos:
Nun punto deste pleno vai unha moción de FPF na cal dí que hai unha depuradora na Espiñeira que está construída nun terreo moi húmido que se afunde e a depuradora ten importantes danos. Solicitan que a Administración Autonómica se faga cargo da reparación. Si se coñecese está información cando se fixo, alguén pensa que se faría no mesmo sitio.
Si houbese que escoller hoxe ubicación para a depuradora do Porto de Foz, habería un só focense que ha puxese nese sitio.
Hai un só mariñán que pense que a variante de Mondoñedo pasaría por o Fiouco, si antes de decidir o trazado houbese un informe meteorolóxico claro e contundente que puxese sobre a mesa os problemas que ocasiona a néboa na zona. Seguro que non.
Di o alcalde que quen debe resolver todos os problemas técnicos é Augas de Galicia, que é quen ten os medios, e para iso imos ter que darlle unha localización e a partir de aí facer un anteproxecto. Sobre ese anteproxecto aínda pode traballar a corporación, pode analizalo e mesmo botalo atrás. O que non dí o alcalde e que o anteproxecto e o proxecto posterior veñen hipotecados por a ubicación elixida, pois son feitos para unha zona concreta. O proxecto da variante de Mondoñedo dende o punto de vista técnico e un moi bo proxecto, pero o problema e a ubicación. E as futuras reformas que serán caras e difíciles, tamén estarán hipotecadas por a ubicación.
Ninguén ten mais intres que o PSdeG en resolver este tema. Poden ter tanto coma nos, pero non mais. Iso sí cada un pode ver a solución de unha ou de outra maneira. Xa no 2007 un goberno socialista deixou grafiado nun plan xeral a ubicación de unha nova depuradora.
Si este tema está como está non e culpa de esta corporación. A oposición estamos desde Xuño mentres que o goberno xa leva catro anos nos que non acadou acordo posible.
Nos non queremos bloquear este tema nin ningún outro. O que queremos e información para tomar a mellor decisión posible. E para demostrarlle que nosoutros non queremos bloquear este tema fácemos a seguinte PROPOSTA:
1.- Que se inclúa a parcela proposta no estudo de viabilidade da futura EDAR de Foz xunto cos outras ubicacións. Nunha palabra, que se dote a esta nova ubicación de informes similares os que se fixeron para as outras ubicacións xa propostas, e nos comprometémonos a que en 15 ou 20 días despois de recibir esa documentación e estudala convintemente, apoiaremos a ubicación que teña mais apoio entre os concelleiros de Foz.
Explicámolo. Imaxinarse que hai 4 propostas: A, B, C e D. Imaxinarse que veñen a pleno e se da a seguinte votación:
Opción A: PP (5 votos)
Opción B: FPF (3 votos)
Opción C: BNG (2 votos)
Opción D: PSOE (3 votos)
Aínda que ningunha ten maioría absoluta, e aínda que a nosa non e a que ten mais apoios, comprometémonos a que apoiariamos a mais votada, neste caso a opción A.
2.- Instar a Augas de Galicia a levar a cabo as melloras e reformas necesarias na depuradora actual do porto de Foz para garantir o mellor funcionamento posible mentres non entre en vigor a de futura construción.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



