Burela, 27 de outubro de 2015.- Desde a Fundación Imdecum infórmase que un ano máis se pon en marcha a Liga Prebenxamin de Fútbol Sala da Mariña coa fin de que os máis pequenos teñan unha competición onde divertirse, pasalo ben e relacionarse con outros xogadores.
A continuación explícase o desenvolvemento da competición e que hai que facer para poder participar nela:
→a inscrición é gratuíta
→ a liga estará rexida pola Federación Galega de Fútbol Sala a través da súa Delegación en Lugo. Esta delegación será a encargada de designar os árbitros para os encontros.
→dividiremos a competición en Prebenxamin 1 (ano 2008) e Prebenxamin 2 (anos 2009-2010-2011). Os nen@s da categoría Prebenxamín 2 poderán participar na categoría Prebenxamín 1.
→ábrese un prazo de inscrición ata o sábado 31 de Outubro do 2015, día no que deben de estar confirmados tódolos equipos participantes. Unha vez teñamos tódolos equipos mandaremos os correspondentes calendarios da competición.
A competición comezará o fin de semana do 14-15 de Novembro ou 21-22 de Novembro, en función do número de equipos participantes.