O 24 de outubro de 2015 celébrase o Día Mundial das Bibliotecas e o Concello de Viveiro quere sumarse a esta celebración organizando un evento orixinal co que se pretende motivar aos usuarios da Biblioteca Municipal de Viveiro para que se acheguen ás súas instalación nesta data tan especial, agardando, así mesmo, que aquelas persoas que non son usuarias deste servizo visiten a biblioteca e se animen a asociarse e disfrutar das súas posibilidades.
A actividade prevista consiste na instalación dun photocall, co lema “Un libro… un soño”, que estará operativo o venres 23 de outubro, de 18.00 a 20.00 horas, e o sábado 24, de 12.00 a 14.00 horas, no que se poderán fotografiar todos aqueles que o desexen. Estas fotografías serán mostradas nunha exposición que se organizará, nas vindeiras semanas, na sala sita na planta baixa da biblioteca municipal; tras o peche da exposición referida, os participantes poderán recoller a súa fotografía, que quedará como recordo dunha actividade divertida coa que este concello pretende fomentar a lectura e reivindicar a importancia das bibliotecas, entendidas como lugar de encontro para os lectores de distintas xeracións e, tamén, como fonte de cultura, coñecemento e formación. “As bibliotecas son un recurso cultural fundamental e a súa labor sociocultural é imprescindible. Por iso, animamos a todos os veciños, sexan ou non usuarios habituais, a que se acheguen á Biblioteca Municipal de Viveiro nos horarios referidos e mostren o seu apoio á lectura e a este servizo fotografiándose no photocall deseñado para esta conmemoración”.
Finalmente, a alcaldesa quere aproveitar esta celebración para “agradecer publicamente as xestións realizadas polo anterior alcalde, Melchor Roel, para rehabilitar a antiga Casa do Concello e convertila nunha biblioteca moderna, céntrica e funcional, unha gran biblioteca, propia dunha gran cidade, que debemos valorar e disfrutar”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



