Voluntarios de Alcoa e o Club Natación Xove organizan a III Carreira Solidaria que se celebrará o vindeiro domingo, 25 de outubro, co fin de promover unha vida saudable entre todos os veciños de A Mariña e á vez recoller alimentos non perecedoiros que se entregarán a Cáritas Interparroquial de Xove.
Esta iniciativa forma parte do programa da fábrica no Mes do Voluntariado, que a compañía celebra en todo o mundo por décimo ano consecutivo.
A proba, que transcurrirá polo casco urbano de Xove, farase para 6 categorías segundo edades, de 0 a 101 años, co propósito de que tanto a participación de corredores coma a afluencia de doantes de alimentos e produtos de hixiene e para bebés, sexa o maior posible e igualar ou mellorar o éxito das convocatorias anteriores cando se reuniron máis de 500 kg de alimentos.
Ademais do Concello de Xove e do Club de Natación, colaboran nesta actividade a Policía Local, Protección Civil e diversos establecementos da localidade.
Voluntarios de Alcoa e o Club Natación Xove veñen colaborando en numerosas actividades dirixidas a nenos e á poboación en xeral, como formación e prácticas de socorrismo e salvamento, xogos infantís na praia ou unha xornada para persoas maiores, entre outras actividades que contaron con axudas de Fundación Alcoa por un total de 14.500 dólares para o Club Natación Xove, ós que se sumarán agora outros 2.500 dólares de doazón trala carreira do domingo.