Ribadeo, 23 de outubro de 2015.- Dous establecementos comerciais da ribadense avenida de Galicia organizan un magosto o próximo 31 de outubro para celebrar o Samaín. Bis a Bis e Terra Branca decoraron os seus escaparates para a ocasión e repartirán castañas asadas a partir das 17.00 horas.
O obxectivo desta acción é humanizar unha das principais arterias comerciais e de tráfico da localidade. José Ramón Leal, de Terra Branca, explica que “a idea xurdiu por unha conservación que tivemos. A medida que nos iamos coñecendo Bis a Bis e Terra Branca entablamos amizade e ademais pensamos que é o momento de dar a coñecer un pouco máis unha rúa que xa é moi coñecida de seu, porque é unha das principais arterias de tráfico da cidade; pero pensamos que hai que darlle ese toque humano que lle falta”. Leal destaca que “queremos aportar ese gran de area organizando un magosto. Entón coincidindo co Samaín pensamos que sería un bo momento para facer algo festivo e entrañable e que poida participar todo o mundo”.
Os propietarios de Terra Branca e Bis a Bis, José Ramón Leal, Nacho Oñate e Mini López-Santos animan ós ribadenses a acudir a esta cita o 31 de outubro e a que os nenos se disfracen. Para crear ambiente decoraron os seus escaparates: “enchémolo todo de teas de araña, de bruxas e dun castelo do terror para que quede todo moi bonito e para que dea moito medo. Gustaríanos que os nenos viñesen disfrazados coas súas cabazas para meternos medo e para facer un magosto inesquecible”, relata Mini López-Santos. José Ramón Leal sinala que “o magosto é unha escusa para estar entre amigos, que é o que queremos”.
Nesta acción colabora panadería La Plaza, que será a encargada de asar as castañas.
Bis a Bis e Terra Branca estudan a posibilidade de realizar novas accións para dinamizar a avenida de Galicia. José Ramón Leal indica que “nós queremos ser unha caixa aberta na que cabo todo o mundo. Neste caso nós estamos uns fronte aos outros, vémonos cada día, temos unha comunicación directa, pero iso non quere dicir que xente que estea un poquiño máis lonxe se poida unir ás festas, ás accións ou ó que se decida en cada momento. Esa é a nosa filosofía, o estar abertos xa non só a esta rúa senón á cidade enteira”.





















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



