Lugo, 23 de outubro de 2015. O deputado do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, anunciou este venres a presentación dunha iniciativa para reclamar a revisión da taxa de regularización catastral, de maneira que se estabelezan bonificacións e deducións no seu importe en diversos casos. Esta regularización, ademais do pago da taxa de 60€ por cada alta no Catastro, implicará un aumento do valor catastral do inmóbel revisado e, polo tanto, incrementará tamén a base impoñíbel de tributos como o IBI en moitos concellos da provincia.
Ferreiro explicou que por parte do Goberno, para encubrir que en realidade ademais dunha actualización do Catastro tamén se pon en marcha unha ferramenta para incrementar a recadación de determinados tributos, empregouse como denominación deste proceso a expresión “amnistía catastral”, argumentando para iso que, co pago desta taxa de forma voluntaria, evítase a aplicación rigorosa da normativa catastral e evítanse multas elevadas aos titulares de inmóbeis non declarados.
Os nacionalistas reclaman esta redución cando afecten a alteracións de entidade menor nos inmóbeis e tamén cando o mesmo suxeito pasivo sexa obxecto de diversos expedientes de regularización catastral, de forma que ingrese dunha soa vez a taxa por todos os procesos. Ferreiro explicou que se cobran 60 € por cada un dos expedentes, así no caso de que unha mesma persoa teña modificacións na casa, na palleira e pozo cobraselles un total de 180 € e dixo que “evidentemente non está adaptada á realidade do noso país xa que o propietario dun latifundio en Andalucía que faga modificacións no pazo terá que pargar unicamente os 60 €”.
Ademais das repercusións tributarias futuras, a taxa lineal establecida, ao aplicarse por cada inmóbel obxecto do procedemento, implica unha desigualdade, respecto de regularizacións de maior entidade ou envergadura (caso, por exemplo, de ampliacións significativas de edificacións) con outras menores (pequenas obras de acondicionamento, anexos de edificacións sen valor residencial, etc). Isto agrávase no caso de fraccionamento da propiedade, característico de Galiza, onde as declaracións de regularización multiplícanse ao afectar a moitas parcelas de escasa dimensión, que aínda sumadas todas elas, apenas implican cambios relevantes dos bens inmóbeis inscritos no Catastro por un mesmo suxeito pasivo.


















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



