Estes días podemos observar como o Goberno municipal do BNG de Ribadeo e os seus monaguillos insultan e critican á Xunta de Galicia e ao Partido Popular en relación á residencia de maiores, pero fáltanlles argumentos e, o máis importante, ocultan datos. A plataforma e o alcalde menten descaradamente e parece que non se dan conta de que os cidadáns non somos tontos ante este tipo de declaracións. Deben explicarlles a única verdade existente e dicirlles con toda claridade que quen non fixo o traballo durante estes quince meses, foi o señor alcalde e o seu Goberno.
O alcalde e a Plataforma saben que cumprir a lei é presentar o proxecto de viabilidade da residencia de Ribadeo. A Xunta non pon obstáculos e máis, cre na necesidade dunha residencia para maiores no noso concello. Por que o alcalde quere ocultar a realidade? Por que non lle di aos cidadáns que o seu obxectivo é privatizar a residencia? Por que non lle explica aos cidadáns que a residencia non será para todos os veciños de Ribadeo, senón só para as rendas máis altas? Por que estes magníficos dirixentes da Plataforma Pro-Residencia só defenden os intereses do Goberno municipal e duns poucos?
Se presumen de ser progresistas, dígano todo. Díganlle aos veciños que a mellor xestión posible era a de concertar prazas; das 47, 40 estarían subvencionadas pola Xunta. Mellor dito, a Xunta concedería á residencia de Ribadeo 700.000 euros cada ano, fronte a un pago único de 500.000 euros. Mostra palpable da mala xestión do Goberno municipal do BNG. Cal é o motivo polo que o alcalde e a Plataforma non queren prazas concertadas? Non o podo entender. O BNG e a súa Plataforma rexeitaron completamente que a residencia sexa para todos, porque temos que dicir con total seguridade que a súa actitude lévanos a que privatización sexa unha realidade. 1.400 euros é o prezo que terá que pagar un usuario.
Fronte a estes datos constatables, a Plataforma actúa de mera comparsa, mentindo e enganando ao pobo de Ribadeo, actuando dun xeito perverso. Estes son datos e non homilías pouco dadas á verdade e si con doses dun protagonismo desmedido e infantil, que ten presenza na Plataforma Pro- Residencia. Pola súa banda, a oposición usa o silencio como estratexia, escollendo a postura de perfil nun asunto de suma importancia para Ribadeo. Entendo claramente o pouco respaldo que teñen estes dous partidos. Eu traslado o meu apoio total e absoluto ao portavoz e a cada un dos membros do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, que optaron por unha postura con altas miras para solucionar un problema que está enquistado pola incompetencia do BNG e do seu alcalde. O Partido Popular actúa en consecuencia e desvincúlase da Plataforma partidista da mentira. O PP non quere enganar aos ribadenses. Este partido o que quere dicir con toda claridade é que a Xunta respalda economicamente esta residencia pero mentres o alcalde non cumpra a legalidade, a administración autonómica non pode incorrer en delito. Este partido cando gobernou na Deputación manifestou o seu claro compromiso de continuar coa dotación orzamentaria para o proxecto de construción da residencia. Si á residencia con maiúsculas, si á residencia para todos os nosos maiores e si á residencia para Ribadeo.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



