Lourenzá, 21 de Novembro de 2015.- A asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos de Lourenzá organiza unha serie de cursos para os seus asociados que, por primeira vez están abertos ao público xeral, aínda que terán preferencia as persoas que son socias. Os interesados poden anotarse nos números de teléfono 620273283 ou 660141997.
O primeiro dos cursos impartirase no mes de Decembro, será os mércores de 19:30 a 22:30 da noite, empezando o mércores día 2. Trátase dun Cursiño de Repostería concretamente de Postres de Nadal: trufas, figuritas con mazapán, panelléts, galletas decoradas, cupcakes … Será catro días e ten un custo de 10 € para as persoas socias e de 15 € para aquelas outras persoas que non pertenzan a Asociación de Amas de Casa. Imprescindible anotarse antes do venres 27.
No mes de decembro, concretamente o martes 15 de Decembro iniciase a Escola de Alimentación Saudable na que se impartirán sinxelas indicacións para transformar a nosa alimentación nun hábito máis saudable dándose aos asistentes a posibilidade de facer estudios nutricionais. Amais, os asistentes terán unha sesión de spa facial conxunto durante o trimestre que dure o cursiño. Terá unha duración de 14 semanas e realizarase de xeito gratuíto todos os martes de 21 a 22 da hora.
I Xornadas contra a Violencia de Xénero
Dende o Concello de Lourenzá comunícannos que, o Salón de Actos será usado a mesma hora que se realizarán as Xornadas contra a Violencia de Xénero, por ese motivo a Asociación de Amas de Casa despraza a realización das mesas a Sala multiusos do Torreón dos Frades do Mosteiro de San Salvador. O horario e a programación non varia, o noso acto foi o primeiro en organizarse por iso lamentamos que nun concello pequeno como é Lourenzá non houbera vontade de unificar os dous actos.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



