Santiago, 3 de novembro de 2015.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, vén de convocar aos alcaldes de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña a manter unha xuntanza para abordar a Vía de Altas Prestacións da Costa Norte. A titular de Infraestruturas remitiulles hoxe unha misiva aos alcaldes dos concellos que teñen manifestado o seu interese pola situación do treito autonómico desta infraestrutura viaria para tratar conxuntamente esta cuestión.
Así, Ethel Vázquez convoca a esa reunión os concellos de Ferrol, Narón, Ortigueira, Cariño, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Valdoviño, Mañón, Cedeira, As Somozas, Neda, Xove, O Vicedo, Cervo, Ourol e Viveiro.
A reunión convócase para o día 12 de novembro ás 10:30 horas na Casa de Cultura do Vicedo.
Nesta carta remitida, a conselleira Ethel Vázquez subliña que a procura de infraestruturas viarias que respondan ás necesidades de cada territorio supón unha preocupación compartida entre os responsables de todas as administracións. E precisa que o desenvolvemento dunha rede de estradas eficiente e segura para os veciños das comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrol constitúe un propósito irrenunciable no que a Xunta de Galicia traballa de xeito permanente.
A Vía de Altas Prestacións da Costa Norte está actualmente en execución no treito entre Celeiro e San Cibrao, ao tempo que na actualidade está en servizo a Variante de Ortigueira, que forma parte tamén desta infraestrutura.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



