Lugo, 7 de novembro de 2015.- A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, participou este sábado nas II Xornadas Provinciais de Protección Civil, celebradas en Viveiro e organizadas pola Federación de Agrupacións de Protección Civil. Segundo dixo, “os voluntarios de Protección Civil desenvolven un importante labor nos concellos, posto que contribúen co seu traballo desinteresado a garantir a seguridade de todos os cidadáns e, ante unha situación de emerxencia, acostuman a ser os primeiros en chegar e prestar auxilio”.
“Son unha das patas sobre as que se sustentan os operativos de emerxencias na provincia”, manifestou a delegada, “porque, grazas a súa colaboración con bombeiros, grupos de emerxencias supramunicipais, forzas de seguridade e servizos sanitarios, garantizan o éxito e o desenvolvemento das operacións nas que interveñen”.
Unha colaboración que Arias tamén fixo extensible as distintas administracións, xa que iso redunda nun maior grao de eficiencia e eficacia ante calquer eventualidade.
A Xunta de Galicia asume un forte compromiso coas agrupación Protección Civil, ás que dota de medios precisos para garantir a súa resposta ante as emerxencias co fin de evitar, ou minimizar o maximo posible, calquera dano aos cidadáns, aos seus bens ou ao medio ambiente e contribúe a cubrir os gastos correntes das 37 agrupacións existentes na provincia.
A formación dos voluntarios é outra das preocupacións da Xunta porque, segundo dixo a delegada, canto mellor sexa a formación mellor será tamén a atención. Así, a maiores dos cursos que se imparten dentro da Academia Galega de Seguridade, todos os anos se organizan accións formativas na provincia de Lugo para que os efectivos de Protección Civil conten coa preparación máis completa e axeitada posible. Próximamente, organizaránse dous cursos de incendios urbanos e forestais e dous de accidentes na estrada, ademáis de un de rescate de persoas en zonas illadas e de montaña.





















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



