Os camiños adversos e decadentes polos que vai a Igrexa Católica nestes últimos tempos son bastante evidentes: falta de vocacións sacerdotais, parroquias sen cregos, templos abandonados, escasa asistencia de fieis ó culto e ós sacramentos, divulgación de graves casos de escándalo e corrupción en altos niveis da xerarquía así como nalgúns sacerdotes acusados de pederastia, etc, etc. Nunha palabra, unha Igrexa afectada por unha profunda crise de imaxe, feito recoñecido pola inmensa maioría dos observadores. É o tributo a pagar pola Igrexa polo penoso e difícil tránsito que lle supuxo “abrir as xanelas”, como pedía Xoán XXIII, e ter que superar o paso dunha Igrexa de poder, que como tal actuou nos derradeiros dezaseis séculos, a unha Igrexa de servizo, guiada hoxe con acerto por camiños máis evangélicos polo Papa Francisco.
E esta evidente relaxación de imaxe ten a súa manifestación e reflexo no actual abandono en que se atopan moitos dos seus inmobles e lugares de culto, edificios e igrexas, mosteiros abandonados e ata as súas casas reitorais. Elementos que ata hai poucos anos gozaban dunha adecuada imaxe de florecemento, coidado e conservación, acusan hoxe moitos deles un deterioro manifesto. Fregueses e curas, que ata agora competían xuntos no seu empeño por exhibir unha imaxe coidada dos seus templos e ornamentos de culto, sucumben hoxe ó cansazo e a apatía xeral que azouta á Igrexa, e que se fai manifesto no descoido e no abandono de moitos deles.
Velaí o outrora magnífico templo parroquial de Cedofeita, por exemplo, que despois de ser vítima hai poucos anos dunha impugne expoliación dalgúns dos seus obxectos de culto, atópase hoxe convertido no fiel reflexo desta desidia e apatía pola que atravesa a Igrexa. Nin os cregos encargados e responsables da súa custodia e coidado, nin os mesmos fregueses, outrora celosos do prestixio e pulcritude do seu magnífico templo e hoxe afectados pola súa indolente indiferenza, ocúpanse hoxe de frear o seu galopante deterioro e ruína.
Un fermoso edificio, levantado nos séculos XVII e XVIII, e refeito no século XIX. Un edificio de tres naves da mesma altura, apoiadas en pilastras cruciformes. A súa esvelta torre, dun único corpo rematado en cúpula, atópase hoxe convertida nun verdadeiro solar onde proliferan todo tipo de plantas silvestres, herbas, zarzas e pequenos arbustos, cuxas raíces van socavando e triturando, lentamente pero sen pausa, a fábrica e a argamasa que cobre as súas paredes. Ata que un día, non moi afastado se non se pon remedio a este abandono tanto no seu interior como no seu exterior, haxa que chorar a desaparición lamentable dese símbolo expresivo da fe e espazo de convivencia dos que foron e son os seus fregueses.
Vaia desde aquí unha chamada á reflexión, tanto ós veciños da parroquia, responsables da súa herdanza patrimonial, como ós cregos encargados, verdadeiros animadores sociais da comunidade e responsables do coidado deste templo, para que arbitren os medios necesarios para a reparación deste templo. Tarefa difícil para os curas, sobre todo nestes tempos nos que a mies aumenta cada vez máis e os segadores son cada vez menos.
José María Rodríguez



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



