Lugo, 15 de novembro de 2015.- A Subdelegación do Goberno en Lugo convida á cidadanía a sumarse ao minuto de silencio en repulsa dos atentados rexistrados o pasado venres en París e en recordo e solidaridade coas vítimas, que convoca para mañá luns, día 16 ás 12:00 horas, diante da sede da Subdelegación, na Praza de Armanyá.
Esta concentración de condena dos ataques terroristas na capital francesa obriga a suspender o acto que estaba previsto celebrar este luns, á mesma hora, diante da Xefatura Provincial de Tráfico con motivo da conmemoración do Día Mundial en recordo das vítimas de accidentes de tráfico, que se celebra cada terceiro domingo de novembro dende hai dez anos, cando foi oficialmente recoñecido polas Nacións Unidas.